RINCÓN DA BIBLIOTECA DE AULA: materiais e marcapáxinas

24 setembro 2014


Hoxe queremos amosaros a nosa biblioteca de aula. Todavía non ten moitos libros pero pouquiño a pouco irémola enchendo. Iso si, xa dende o segundo día a utilizamos todos os días porque ademais de consulta, no  noso centro temos  o "Tempo de Lectura", vinte minutiños diarios (de 9 a 9,20) nos que podemos disfrutar da lectura do libro que queiramos da nosa biblioteca.

                     

A principio de curso a profe preparou varios materiais para organizar a biblioteca. Ainda que son de elaboración propia, algúns están baseados nuns que viu no blogue Lapicero Mágico de Isabel Bermejo.

Estes son os materiais :

- O cartel do rincón da Biblioteca:


- O das normas:

- O LECTÓMETRO, para levar un control visual dos libros que levamos lidos. Cada vez que rematamos de ler un libro, coloreamos un dos libros da estantería:


Ollade como estase a encher:



- E o noso diario de lecturas no que completamos una ficha sobre o libro (autor, ilustrador, editorial,...) e lembramos a parte do libro que máis nos gustou copiando unha frase, facendo un debuxo, coas nosas palabras,...




Deuxámosvos todos os nosos materiais nun PDF para que poidades descargalos se vos gustan:



Ademais, para saber en cada momento en que páxina do libro nos quedamos, nas primeiras clases de PLÁSTICA, fixemos estes chulísimos marcapáxinas. Gústanvos?


Aquí os tedes nun libro que usamos de exemplo para que poidésedes ver o ben que quedan e os útiles que nos resultan:


2 comentarios:

Blanca Lafarga dixo...

Felicidades por tu nuevo blog.
Un besico

Ana Martinez dixo...

Muchas gracias, Blanca. Un beso.