3 de decembro: XORNADA DE CONVIVENCIA


O 3 de decembro, celebrouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento. 

No noso centro estamos moi concenciados con este tema, así que aproveitamos esta data para invitar aos alumnos do CEE Terra de Ferrol, a vir ao noso cole para disfrutar dunha gran xornada de convivencia.

Foi unha experiencia fantástica. Chegaron sobre as once. Os alumnos de cuarto e quinto, fomos á aula de informática con eles e alí foron presentándose un a un e faláronnos das cousas que facían no seu centro. Amosáronnos unha película para que poidésemos ver as instalacións do seu colexio, como traballaban e as bonitas cousas que facían. Antes de saír para o recreo, algúns alumnos de terceiro quixéronlles facer unha demostración do baile que van a facer no festival de Nadal coa teacher de inglés Uxía.

A continuación disfrutamos dun recreo no que xogamos todos xuntos. Antes de finalizar a visita, visitamos á sala de radio e alí dous dos nosos alumnos, Alberto de sexto e Celtia de terceiro, lles fixeron unha entrevista que proximamente vos amosaremos. Ollade algunhas das fotos deste día:



FOI UNHA GRAN EXPERIENCIA!
 Moitísimas grazas chic@s pola vosa visita.

Ademáis , tamén montamos este video coas nosas voces, do conto "Mimi y la jirafa azul" da Editorial Salvatella que nos fala dunha xirafa á que lle nace un irmanciño con discapacidade:



GÚSTAVOS?

btemplates

2 comments:

Anabel dixo...

Que sorte ter unha experiencia así!!!É moi divertido e enriquecedor coñecer novas persoas e poder compartir tempo con elas. Parabéns pola iniciativa e pola narración do conto. Gardo na miña caixa de tesouros para utilizar na aula e na vida. Moitos biquiños!!!

Ana Martínez dixo...

Alédome que che gustara o conto, Anabel. Eu tamén creo coma tí que resulta moi enriquecedor coñecer novas persoas. Unha aperta.