APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE

08 febreiro 2015


A semana pasada, concretamente o xoves, tivemos a sorte de contar no cole, con dous profesionais de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que viñeron a explicarnos por que debiamos de reciclar e a ensinarnos como facelo dentro da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor".

Durante a charla lembramos que a regra dos tres R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR; axúdanos de maneira importante a conservar os recursos naturais, a disminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio. Tamén lembramos en que colector temos que reciclar cada envase:

- COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)

- IGLÚS VERDES: aquí se depositan os envases de vidro pero non as  tapas nin os vasos que non son envases.

- COLECTORES AZUIS: son para o papel e os cartóns. Non serven as servilletas nin os panos da man porque teñen restos orgánicos e non se poden reciclar.

Estivemos todos moi atentos:


Se queredes seguir aprendendo, na páxina de SOGAMA podemos atopar xogos e outros recursos para fomentar o coidado do Medio Ambiente como:

Para PRIMARIA: Xogo de Secuencias



E tamén o XOGO DA RECICLAXE que podemos descargar clicando na imaxe:

0 comentarios: