OBRADOIRO DE NUTRICIÓN DÍA 5: HIXIENE NA COCIÑA

06 marzo 2015


Cris, rematou o noso obradoiro de nutrición desta semana falándonos das catro normas básicas que se deben seguir na manipulación de alimentos:
  •  LIMPAR: Hai que lavar ben as mans antes de tocarlle aos alimentos e despois de tocar carne ou pescado crú. Asemade temos que limpar ben a superficie na que imos traballar e os utensilios que imos utilizar.
  • SEPARAR: Debemos separar os alimentos crús dos cociñados e utilizar utensilios diferentes.
  • COCIÑAR: Temos que cocer suficientemente os alimentos para eliminar as posibles bacterias que poidan conter.
  • ENFRIAR:  É convinte gardar as comidas cociñadas no refrigerador xa que a temperatura ambiente as bacterias se propagan máis rapidamente.


Como as veces anteriores, para que nos quedase ben clariño fixemos un sinxelo experimento:

- Cris repartiu a cada un un trozo de polo (bóla de plastilina amarela) que como estaba crú tiña algunhas bacterias (purpurina de cor azul), así como coitelos de plástico e tamén un forno para ca equipo:


- A continuación repartiunos o pan e os ingredientes necesarios para facer o noso bocata de polo: leituga, tomate, cebola, pepino, queixo, ovo,.... e nos puxemos mans á obra. Tivemos que cortar o polo, poñelo no forno e colocar o resto de ingredientes no noso bocata:


- Ollade que pinta máis deliciosa tiñan:


Cando rematamos os nosos bocadillos, Cris explicounos o que fixemos mal e é que non lavamos as mans nin antes de empezar a cociñar nin despois de tocar o polo crú polo que as bacterias do polo antes de ser cociñado pasaron ao pan e ao resto dos ingredientes.

E xa para finalizar a sesión de hoxe, plasmamos estas conclusións nunha sinxela ficha para non olvidarnos:


MOITÍSIMAS GRAZAS CRIS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS ESTA SEMANA!!!!!

0 comentarios: