MURAL DE PRIMAVERA


Por fin rematamos o mural de primavera que adorna o corredor principal do noso centro.
Empezamos coloreando as letras que atopamos na páxina da MAESTRA MARY:


Para o talo, aproveitamos os tubos de cartón hixiénico e de cociña que gardábamos na nosa clase e para as follas, utilizamos uns globos de cor verde.

A continuación, puxemos unhas bolboretas que como podedes ver, son iguais as que adornan unha das nosas ventás de clase, e xa vos explicamos nunha entrada anterior como se facían:


Tamén fixemos uns bonitos paxariños con folios de cores para colocar nos cristais:

feito por PHOTOMONTAGER

Para facelos, seguimos estas sinxelas instrucións que atopamos pola rede. Non vos podo poñer o enlace porque pon que está bloqueado. Se alguén sabe de quen son as instrucións, que mo diga e poño o enlace:


E por último, fixemos unhas bonitas flores de cores:


E estas son as instrucións para facelas que atopamos AQUÍ:


QUE VOS PARECE O NOSO MURAL DE PRIMAVERA? GÚSTAVOS?

btemplates

4 comments:

Unknown dixo...

Hola: Un mural fabuloso, muy bien estructurado. Me encantaron los pájaros. Un trabajo muy creativo y que os adorna el centro. Seguimos en contacto

Anabel dixo...

Encántame o mural!!!
Pasade polo meu blogue que tedes un agasalliño para vós. Espero que vos guste!!!http://orecunchodasfadas.blogspot.com.es/2015/05/novo-premio.html

Ana Martínez dixo...

Gracias Marta. Nos quedó un mural muy vistoso. Un saludo y buena semana.

Ana Martínez dixo...

Moitísimas grazas, Anabel. Póñoo encantada no blog. Unha aperta.