PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR: RISCOS DE INTERNET

06 maio 2015


Jesús, un garda civil, veu onte ao colexio para darnos unha charla informativa/formativa sobre os riscos de Internet. Esta charla, a primeira das tres que nos van a dar (as outras dúas sobre outros temas que xa vos contaremos), pertence ao "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".

Foi unha charla do máis interesante. Ao longo de preto dunha hora, Jesús falounos dos perigos cos que nos podemos atopar cando usamos Internet (tanto no ordenador como en móbiles e  tablets) para as redes sociais como tuenty, facebook, twitter, instagram, snapchat,... e o whatssap e aconsellounos coñecer ben os programas antes de descargalos nos nosos dispositivos para saber que é o que estamos aceptando e non ter que arrepentirnos no futuro.

Isto non quere dicir  que o uso de Internet sexa malo, ao contrario xa que  ten grandes e moi boas vantaxes, só que debemos utilizar a rede con precaución sobre todo cando subimos información nosa para crear un perfil ou cando compartimos imaxes. 

Estivemos moi atentos para non perder detalle:


E para non olvidar o aprendido, quen mellor que Phineas e Ferb para lembrárnolo:


Ademais na páxina da Xunta temos: "NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPACIO" "unha iniciativa encamiñada a que @s escolares naveguen con precaución pola Rede evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet e se mentalicen da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos". Este Plan, inclúe ademais dunha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias; un xogos para aprender lendo e xogando.


E xa para rematar deixámosvos unha infografía sobre Boas Prácticas nas Redes Sociais:

Feita con Piktochart

0 comentarios: