PREMIOS NOBEL DA PAZ

29 xaneiro 2015

Rematamos a nosa investigación sobre os Premios da Paz. Movede o rato polas imaxes para descubrir todo o que aprendimos:

 

Por si queredes lelo ou escoitalo, tamén volo deixamos en forma de libro:
A QUE FIXEMOS UN BO TRABALLO?

Aproveitamos para desexaros que mañá teñades un MOI FELIZ DÍA DA PAZ!!!!!!!!

Imaxe de Eneko

MURAIS DA PAZ

28 xaneiro 2015

Levamos xa uns días traballando na clase a Paz. Pensamos palabras relacionadas con ela como: Amizade, XenerosidadeUniónHarmonía, Compartir, Agradecer, Esperanza,  Ilusión ... e fixemos un pequeno mural que titulamos: "PINTEMOS O MUNDO CON PALABRAS DE PAZ".


Ollade, ollade:




Ademais, entre todo o colexio estamos preparando un mural colectivo no que construiremos o noso muro pola PAZ. Cada nen@ tivo que decorar un ladrillo. Nós, aproveitamos para coñecer algunhas persoas que foron galardonadas co Premio Nobel da Paz como Martin Luther King, Nelson Mandela, Rigoberta Menchú, Malala Yousafzai, Lech Walessa, Desmond Tutu, Shirin Ebadi, Dalai Lama e  Teresa de Calcuta. Así que nos nosos ladrillos escribimos unha frase que dixeron e fixemos os seus debuxos:


Pero claro, sabemos o seu nome, coñecemos algunha frase que dixeron e tamén que foron Premio Nobel da Paz. O que non sabemos é por que llelo concederon. Por eso a nosa próxima  tarefa é precisamente investigar iso:

POR QUE LLES CONCEDERON O PREMIO NOBEL DA PAZ?

Manterémosvos informados

EXPOSICIÓN E VISITA AO RÍO BELELLE

27 xaneiro 2015

Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...

Ollade que exposición máis bonita:



Pero ademais, o venres pasado estiveron no colexio para facer uns talleres con nenos e nenas de infantil, primeiro ciclo y terceiro de primaria e hoxe viñeron para levarnos a dar unha pequena volta polo río Belelle.

Alí poidemos ver en vivo e en directo a flora e fauna do lugar. Falamos das árbores que había á beira do río como Salgueiros, Bidueiros,  Abelairas, Eucaliptos,... e dalgúns arbustos como o loureiro ou o fieito real que está en perigo de extinción. Tamén aprendimos o nome dalgúns paxaros como o martíño peixeiro, o merlo, a lavandeira,... E ademais fixemos algúns estudos sobre o río como o seu PH (5), a temperatura da auga (10.8º), a transparencia, a velocidade da auga (0.51) a porcentaxe de nitratos (entre 1 e 10), ... Todo isto apuntámolo nun caderno de campo que nos deron. Foi unha gran experiencia para todos.


BRRRRRRRR, QUE FRÍO!!!!!!

25 xaneiro 2015

Xa hai máis dun mes que entramos nunha nova estación: O INVERNO. Nas clases de plástica estivemos a facer traballiños sobre el. Empezamos facendo unhas folerpas de neve para poñer nas ventás que pronto vos amosaremos e que fixemos seguindo estas plantillas:

E continuamos facendo uns bonitos bonecos de neve con folios blancos e de cores, cartolina e corrector líquido para a neve. Gústanvos?


Queredes saber de quen son cada un? Pois ben de esquerda a dereita empezando por arriba os bonecos son de Estela, Laura, Sara Fernández, Sara Montagut, Manuel, Yanira, Íker e Borja. Falta por rematar o de Sergio que xa vai quedando así:

CHARLA PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS

22 xaneiro 2015

Empezamos vendo un video do conto: "O home de lume" :


(clicade na imaxe)

Neste conto aprendimos entre outras cousiñas que os incendios pódense producir por causas naturais (raios,...) ou pola acción do home (por neglixencia como tirar as cabichas dos cigarros, non limpar os montes, ... ou intencionadamente) e que temos que chamar ao 085 se vemos algún incendio.


A continuación vimos unha presentación de fotografías de varios destes axentes e os seus vehículos en acción nalgúns incendios como o das Fragas do Eume que tivo lugar vai facer xa tres anos.

Xa para rematar, saímos ao patio a ver en vivo e en directo os vehículos que trouxeron así como o funcionamento da mangueira. Pasámolo moi ben.

Ollade algunhas das fotos que sacamos:

(clicade na imaxe)

VISITA AO BELÉN DE PIÑEIROS

12 xaneiro 2015

Antes das vacacións de Nadal,  todo o colexio visitou grazas a ANPA  que non só organizou senón que tamén sufragou os gastos da entrada , o Belén  que dispuxo a Asociación de Veciños de Piñeiros con máis de setenta figuras con movemento nunha superficie de trinta metros cadrados. Como eramos moitos, nos dividimos en dous grupos. A nós tocounos ir con terceiro, cuarto e sexto. Pasámolo moi ben. Ollade, ollade,...




CALENDARIOS 2015 DA NOSA BIBLIOTECA

08 xaneiro 2015

Lembrades que antes das vacacións de Nadal vos ensinamos os slogans que inventamos e debuxamos para a biblioteca e vos dixemos que co que fose elexido faríase un calendario co que agasallar a toda a comunidade educativa?

Pois ben, eran todos tan bonitos que o xurado  ao final elexiu tres slogans cos seus respectivos debuxos , un deles o da nosa compañeira Estela, para facer estes fermosos calendarios:

- MARTA de 4º de E.P.


- ESTELA de 5º de E.P.


- NAYLA de 6º de E.P


Os premios consistentes nuns vales para mercar libros, foron entregados o día do festival. Aquí vemos ás tres premiadas con Carla e Miguel, os presentadores do festival de Nadal:


NORABOA RAPAZAS POR TAN MERECIDO PREMIO!!!!!!

VISITA DOS REIS MAGOS

04 xaneiro 2015

Xa queda moi pouquiño para que chegue o ansiado Día de Reis. O día do festival tivemos a gran sorte de contar no cole coa súa visita. Viñeron a recoller as cartas que todos escribíramos uns días antes e ademais obsequiáronnos cun paquete de chuches.


Este é o modelo que carta que utilizamos e que sacamos da páxina de recursos de Nadal que unha vez máis pon á nosa disposición a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Se queredes acceder ao recurso, clicade na imaxe: