ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Este ano, adiantamos a celebración no colexio do Día Escolar da Paz e a Non Violencia ao xoves 28 por motivos organizativos. Ao longo da semana, cada nen@ na súa titoria, estivo a facer o seu autorretrato e con todos xuntos montamos esta bonita e colorida pomba:



Estes son os que fixemos nós:


Como xa sabedes, no noso cole temos emisora de radio, RADIO BELELLE no dial  102.0 da FM. Por iso, como xa ven sendo habitual, o xoves gravamos un programa de radio onde participaron todas as clases, con: poesías, contos, cancións, citas célebres pola paz, ...


A continuación, como chovía, no patio cuberto, todos xuntos cantamos a canción: "Todos somos capitáns" de Magin Blanco:


Mentras escoitabamos o programa de radio, estivos a facer unhas bonitas pombas trenzadas que vimos na web de Actiludis:



Se queredes saber como se fan, clicade na imaxe:


Ademais, no Taller de Escritura Creativa, inventamos e ilustramos uns bonitos poemas de Paz. Ollade que grandes poetas somos:

Con estes poemas, que limos no programa de radio, fixemos un LIBRO-SOBRE que nos quedou así:




A idea orixinal, vímola no blog BIBLIOABRAZO e neste mesmo blog, atopamos este video que explica como facer un LIBRO-SOBRE:

btemplates