EXPERIMENTO II: COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS?

16 xaneiro 2017

Imaxe de Phillip Martin

O tema 1 de Ciencias Naturais, estaba relacionado cos seres vivos e as plantas.Para traballar este tema, na libreta fixemos un montón de esquemas e debuxos sobre a función de nutrición das plantas para aprender como facían para fabricar o seu alimento, para respirar,...




Tamén practicamos todo o aprendido con este libro lim que fixo a profe e que está na pestana de recursos do blog:


http://www.chiscos.net/xestor/chs/anamartinez/seres_vivos_e_plantas/seres_vivos_e_plantas.html

Así que, o noso segundo experimento, estivo relacionado coas plantas e a súa alimentación. 

Primeiro, botamos colorante alimenticio azul e vermello en dous recipientes con auga. A continuación cortamos un talo de apio pola metade e metimos cada parte dentro dun recipiente. Ao día seguinte, puidemos comprobar como as follas do apio estaban tinguidas de azul e vermello e descubrimos que as substancias que as plantas absorben polo raíz chegan ata as follas donde se utilizan para fabricar o seu alimento mediante a fotosíntese.

Aquí vos deixamos un pequeno video de como o fixemos:

0 comentarios: