ENTROIDO 2017: ÓRDENES DO MECO

20 febreiro 2017


Hoxe, cando chegamos ao cole, encontrámonos nin máis nin menos que coa PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace por mor do proxecto que estamos a facer dende a biblioteca das OLIMPÍADAS.

Ademais, a primeira hora, cando estabamos en clase de Lingua Galega, tivemos unha visita inesperada. Veu a visitarnos, nin máis nin menos, que unha deportista chegada do lonxano monte Olimpo en Grecia, para dicirnos que tiñamos que traer mañá:


Así que xa sabedes rapaces e rapazas, mañá todos con algo COLORIDO e ELEGANTE na CABEZA.

1 comentarios:

Anónimo dixo...

esa sonia como mola se merece una ola.......OOOOLAAAAA