ODAIKO


Este venres, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 4º e 6º de Educación Primaria, fomos á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutamos dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que nos fixeron vibrar nos asentos.

Pasámolo fenomenal.


Tedes que perdoar a calidade das fotos que non é moi boa pero sempre pasa o mesmo coa luz da Casa da Cultura.

Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

btemplates

2 comments:

Unknown dixo...

Na clase de música tamén traballamos a percusión. Imos traballar os tubos plásticos (Boomw­ha­ckers) a ver si nos sae igual de ben e disfrutamos tanto como na actuación.

Mirian Cartagena dixo...

Se nota que la pasaron muy bien, escuchando y observando a un grupo muy creativo.
El video está super bueno.
Saludos.