CELEBRAMOS O MAGOSTO

28 novembro 2017


Faltaban todavía por subir as fotos da celebración do Magosto festa que celebramos o pasado 10 de novembro.

Uns días antes, na clase de plástica, fixemos uns fermosos cestiños para ese día:


Como podedes ver, fixemos primeiro os cestos utilizando cartolina de cor marrón na que a profe debuxou a plantilla.

Se queredes saber como se fai:


A continuación, decorámolas facendo follas de disitntas formas con folios de cores e pegándolle una castaña feita de origami:



                                                                         Fonte da imaxe

Antes de degustar as castañas, participamos nuns xogos populares organizados pola profe de Educación Física, Bea, e os nosos compañeiros e compañeiras de sexto de Educación Primaria:

- O pano:
- O brilé:
- A buxaina:

- A mariola:

- As chapas:



- E aos zancos:




E xa por fin degustamos as ricas castañas asadas proporcionadas pola ANPA e os chourizos con pan de Neda. Estaba todo riquísimoooooooo!


Podedes ver máis fotos na páxina web do cole, clicando no seguinte enlace:

0 comentarios: