CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o día da Paz. Ao longo da semana anterior, cada clase elaborou conxuntamente ...

- Unha botella cunha mensaxe de paz. Nós aproveitamos que estabamos a estudar a vida de Martin Luther King para escribir entre todos a súa biografía e poñela na nosa botella :


Para iso utilizamos esta plantilla:


- Un peixe grande ou varios pequenos. Nós fixemos este utilizando unha técnica similar ao FOLIO XIRATORIO. Durante dous minutos cada un ía debuxando o peixe e ao remate do tempo, pasábao ao seguinte:


E despois individualmente, cada neno e nena, autorretratouse utilizando para pintar a súa pel "As cores da pel" de Ubuntuland:




Coas botellas, peixes e autorretratos de todas as clases, fixemos un gran mural que titulamos: "UN MAR DE PAZ":


O día 30, sobre as dez e media, deu comezo o tradicional programa de radio sobre a Paz, presentado este ano por Martín e Antía de sexto de primaria. Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:



Mentras escoitábamos o programa, fixemos o Bingo da Paz de Unicef, co fin de atopar que cousas temos en común con quenes nos rodean para darnos así conta de que para construir a paz, temos que centrarnos nas cousas que nos unen, non nas que nos diferencian. Tiñamos que buscar pola clase, compañeiros que tiveran os mesmos gustos que nós, e cando atopabamos un, tiña que asinar nese recadro:


E tamén, esta manualidade relacionada coa paz e con Martin Luther King. Pola parte de diante, coloreamos a Terra, un corazón e tres mans utilizando unha vez máis as "Cores da pel" e pola parte de atrás, escribimos o noso desexo de paz para todo o planeta:



Despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto para cantar a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:




E a continuación, disfrutamos duns estupendos XOGOS COOPERATIVOS organizados pola profe de Educación Física , Bea, e os nenos e nenas de sexto. Pasámolo fenomenal:


Podedes ver máis fotos da celebración, na galería da páxina web do cole:

btemplates

2 comments:

Isabel Piñero dixo...

Me han gustado mucho todos los trabajos que hicisteis para celebrar el Día de la Paz, Ana. Un abrazo.

Ana Martínez dixo...

Nos alegra mucho saberlo, Isabel. Un biquiño.