CINE E SAÚDE II

01 abril 2018


O venres antes das vacacións, vimos a segunda película do programa Cine e Saúde, que como xa vos contamos é un programa que combina a proxección de películas nos centros co debate e o traballo arredor do seu contido, como fórmula de aprendizaxe de conceptos.

Esta segunda película foi "Hermanos del viento", película austríaca dirixida por Gerardo Olivares e Otmar Penker, que traballa o respecto pola natureza a través da estreita relación que establece o neno protagonista  cun aguia, tendo como contrapunto a súa propia situación familiar.

Aquí vos deixamos o trailer oficial da película:


Ao finalizar as vacacións de Pascua, a partir do martes, empezaremos a traballar o seu contido. Xa vos contaremos.

0 comentarios: