MISIÓN NEDA


O pasado venres cando estabamos na aula de informática, recibimos unha visita inesperada. Tratábase nada máis e nada menos que de Laureana (en realidade Silvia Casal, mestra de teatro e actriz) , unha muller de máis de dous millóns de anos que vive nun castro do Monte de Ancos.


Primeiro presentouse e contonunos a súa incrible historia (unha coñecida lenda ambientada no Monte de Ancos):


MISIÓN NEDA: LENDA DO MONTE DE ANCOS from Ana Martínez on Vimeo.

A continuación, mandounos coller o sobre que tiñamos debaixo da cadeira e dixonos cal era a nosa misión:


Esta misión, consistía en completar un enigma no que había que atopar 22 letras para formar unha frase e que estas letras se podían atopar repartidas ao longo de distintos lugares de Neda.



Tamén nos dixo que para facelo, disporíamos  de tres cadernos ilustrados con fotografías do patrimonio de Neda, mapas interactivos e lendas: hoxe o primeiro e os seguintes  o 29 de marzo e o 12 de abril. 


Estamos desexando saber que é o que di a frase!!!!!

Por certo, sabiades que este proxecto cultural e histórico, foi lanzado polo Concello de Neda para os nenos e nenas do Concello e outros limítrofes de entre 8 e 16 anos e que se trata de " facer un percorrido polos tempos da cultura castrexa e da romanización, as orixes da Real Vila de Neda, o seu desenvolvemento vinculado co mar, pero tamén co comercio, co pan e co camiño a Compostela" según palabras da concelleira de educación, Cristina Bouza, na presentación do proxecto? 


Sen dúbida é unha boísima actividade para facer en familia e coñecer o noso Concello

btemplates