RESPONSABLE DA SEMANA

22 setembro 2019

A diferencia doutros anos onde cada día tiñamos un encargado que se ocupaba de repartir o material, este ano temos o RESPONSABLE DA SEMANA. Este responsable é o primeiro en entrar cada día e o último en saír. Entre as súas tarefas atópase: abrir e pechar a porta, acender e apagar as luces, poñer a data, repartir o material, ...

Cada un de nós decorou un carteliño co seu nome para poñer no armario e saber así a quen lle toca de cada vez:



Estes son os carteles que decoramos cos nosos nomes:

Idea vista no blogue Con tus propias palabras

EQUIPOS COOPERATIVOS

19 setembro 2019

Durante este curso imos traballar con equipos cooperativos de catro membros. O primeiro día, cada equipo elexiu un nome e un logo que o identificara utilizando a estrutura 1,2,4. Primeiro individualmente cada un pensou un nome e debuxou un logo. A continuación por parellas escolleron un dos dous nomes e logo. Finalmente os catro integrantes do equipo puxeron en común as decisións de cada parella  e elexiron nome e logotipo. O nome e o logo elexidos utilizaranse para identificar a carpeta do equipo base. Nesta carpeta gardaranse todos os documentos e material que se vaia acumulando.

Presentámosvos aos dous equipos:

- OS GAÑADORES DO FORTNITE:


E o seu logo:


- OS NIKE:


E o seu logo:

OS NOSOS MARCAPÁXINAS

17 setembro 2019

Coma todos os anos, unha das primeiras actividades que facemos, é facer uns marcapáxinas para utilizar cos libros que temos na biblioteca de aula. Este ano fixémolos de animaliños.

Así de bonitos nos quedaron tanto aos de quinto como aos de sexto:




Gústanvos?

NOVA PROMOCIÓN

15 setembro 2019

Abrímosvos as fiestras da nosa clase para amosaros á nova promoción de quinto de primaria: oito rapaces e rapazas moi animados e con moitas ganas de aprender. Non si?


NOVO CURSO ESCOLAR

11 setembro 2019


Benvid@s ao novo curso escolar 2019/2020!