EXCURSIÓN AO PARLAMENTO E A XUNTA DE GALICIA


Esta semana os nenos e nenas de quinto, fomos de excursión a Santiago xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto e sexto de primaria. Esta excursión forma parte do programa "Coñece as túas Institucións" impulsado e financiado pola Xunta e o Parlamento de Galicia para divulgar o papel das institucións autonómicas, explicar a separación de poderes e impulsar os valores democráticos. 
Aproveitamos ademais para ver o Museo Pedagóxico Galego que non o coñeciamos. Queredes ver o ben que o pasamos? Ollade o video:

btemplates