0 comments

FELIZ ANINOVO!!!!


E para que disfrutedes tanto coma nós, deixámosvos o video coa felicitación de Nadal e as campanadas, que puxemos no cole o día 22:

0 comments

BO NADAL!

Con esta canción queremos desexarvos a todos e a todas un Bo Nadal!!!!!!

0 comments

BOLAS DE NADAL

 

Ademais das árbores de Nadal que xa vos amosamos nunha entrada anterior, tamén queremos que vexades estas bonitas bolas de purpurina que fixemos:

Que vos parecen?

0 comments

EXPERIMENTOS MOI ELECTRIFICANTES


1º)PRODUCIMOS ELECTRICIDADE CUNHA PATACA, UNHA MAZÁ E UN LIMÓN.

Cun polímetro, dous cables de cobre (que actúan como ánodo, é dicir carga negativa) e un parafuso (que actúa como cátodo, é dicir carga positiva) , medimos a electricidade que produce unha pataca (0,96 V), unha mazá (0,97 V ) e un limón (0,99 V) comprobando que canto máis ácido é o produto que utilizamos máis electricidade produce.


2º) COMPROBAMOS SE UN COITELO E UNHA REGRA SON MATERIAIS CONDUTORES OU AILLANTES.

Facemos un circuito cunha pila de petaca, unha bombilla e uns cables de cobre. Deixamos un lado aberto para poder comprobar se un coitelo de metal ou unha regra de plástico pechan o circuito e segue circulando a electricidade (material condutor) ou este paso se interrumpe (material illante). Comprobamos que os metais son bos condutores da electricidade e que o plástico é un material illante.


3º) ELECTROLISIS DA AUGA (DESCOMPOSICIÓN DA AUGA EN HIDRÓXENO E OSÍXENO).
Botamos auga doce nun recipiente. A continuación colocamos dúas barras de ferro. Collemos dúas pinzas que unimos por un lado ás barras de ferro e polo outro a unha pila de petaca. Esperamos uns segundos e observamos que non sucede nada porque a auga doce non é condutora da electricidade.
A continuación botamos sal na auga e ... pouco a pouco imos vendo como se forman unhas burbullas:a auga comeza a descompoñerse nos seus compoñentes: hidróxeno e osíxeno porque a auga salgada si é condutora da electricidade.

0 comments

ÁRBORES DE NADAL

Este ano, o terceiro ciclo do cole, decoramos as nosas portas cunha xigante árbore de Nadal e unha gran bóla:

  
Porta de sexto
                          Porta de quinto

E para adornar o corredor do colexio, os de sexto fixemos uns bonitos colgantes de fieltro en forma de árbore que colgamos xunto aos bonecos de neve dos nosos compañeiros e compañeiras de quinto. Gústanvos?

0 comments

ELECTRICIDADE E MAGNETISMO

Tarxetas para repasar os contidos fundamentais deste tema:

Conjunto de Fichas creado con GoConqr por Ana Martínez

Tamén podedes repasar xogando con estes xogos que preparei para vos con WordWall:

 - O concurso das cargas eléctricas:

 
 
 - O aplastatoupas dos materiais conductores:
 
 
 
 - A sopa de letras dos materiais aillantes :
 

  - Unir os compoñentes dun circuíto eléctrico coa súa función:

 

0 comments

A ELECTRICIDADE ESTÁTICA

En ciencias naturais andamos a voltas co tema da electricidade e o magnetismo. A profe mandounos facer uns sinxelos experimentos na casa cun bolígrafo e cun globo e colocámolos todos nun PADLET (muro virtual).

Se queredes ver como o fixemos facede clic na imaxe


ou utilizade este código QR:

0 comments

CARAPUCHIÑA VERMELLA CON PICTOGRAMAS


Polo día da discapacidade o equipo de dinamización da biblioteca, propúxonos a todo o centro, escoller un conto e facer un audioconto no caso dos máis pequerrechos ou un conto con pictogramas os máis maiores.
Nós escollimos o tradicional conto de Carapuchiña Vermella. E coa axuda do Pictotraductor, as imaxes do blog Bonitooh e as nosas voces, montamos este conto que esperamos que vos guste tanto como a nós.

   

Ollade que ben utilizamos o Pictotraductor:


Se queredes ver os contos que fixeron as outras clases só tedes que visitar o blogue da biblioteca:

BILIOMACI