Pages
▼
18 xaneiro 2016
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
Esta é a canción que imos aprender para cantar todos xuntos a vindeira semana:
09 xaneiro 2016
FOLLAS "POP ART"
Primeiro aprendimos como se debuxan follas, grazas a esta imaxe que atopamos no blog "TOTALLY TOTS":
Ollade, ollade:
Unha vez que xa tiñamos a nosa folla debuxada e repasada con rotulador negro, coa axuda dunha regra, debuxamos varias lineas dun extremo a outro da folla para dividila en distintas seccións:
Despois, en cada sección alternamos, cores lisas con debuxos de distintos patróns, tipo ...
ou outros que se nos ocurrisen.
Xa para rematar, algúns soamente pintaron a folla:
E outros pintaron tanto a folla como o exterior:
GÚSTANVOS?
06 xaneiro 2016
FELIZ DÍA DE REIS!!!!!!
Con esta imaxe e este video, queremos desexarvos un Feliz Día de Reis para tod@s!
Aquí están as fotos da visita das súas Maxestades ao noso cole o día do Festival de Nadal. Podedes velas a maior tamaño se clicades abaixo á dereita:
E para saber máis dos Reis Magos, deixámosvos esta infografía:
E tamén o modelo de carta que escribimos para os Reis Magos e que atopamos na páxina de recursos de Nadal da Coordinadora Galega de Equipas de Normalización Lingüística, con algunhas modificacións:
05 xaneiro 2016
GAÑADORAS DO CONCURSO DE LEMAS DE NADAL
As tres gañadoras (unha por ciclo) cos que se fixeron os calendarios para repartir a toda a comunidade educativa, foron os de:
- Emma de 1º de Educación Primaria:
- Inés de 4º de Educación Primaria:
- Blanca de 5º de Educación Primaria:
A nosa máis sinceira noraboa para as tres.
03 xaneiro 2016
ÁRBORE DE NADAL E CURTAS NADALEIRAS
Antes das vacacións, fixemos unha árbore de nadal utilizando tiras de folios de cores. Despois, todas xuntas , serviron para decorar a parede onde celebramos o noso festival de Nadal. Ollade que bonitas quedaron:
E xa que estamos de vacacións, por que non aproveitamos para ver estas preciosas curtas de Nadal que atopamos pola rede? Esperamos que disfrutedes coas mesmas.











