Eleximos este tema porque dende a Biblioteca, estamos a facer este curso, un proxecto sobre esta obra de Julio Verne. Así que cada clase irá disfrazada do país que lle tocou no proxecto. A novidade deste ano, é que case todos os cursos FARÁN O DISFRAZ NA CLASE . Na nosa clase, tocounos EEUU, e como a parada alí foi na cidade de Nova Iork, iremos disfrazados de .... Síntoo pero teredes que esperar ata o venres para sabelo! ;)
Ollade que preciosidade de MECO temos este ano:
O mesmo luns pola mañá cediño, recibimos a visita de STUART que veu a dicirnos que tiñamos que traer hoxe:
E como somos moi mandadiños, hoxe todos viñemos con ... ALGO DE COR AMARELO:
A primeira hora, Stuart voltou á nosa clase a comprobar que todos cumpríramos co mandato e despois de facelo, deunos a consigna para mañá:
Así que lembrade que mañá ... HAI QUE VIR COS PÉS BEN ADORNADOS!!!!!


Jejeje. Me encanta la idea. Y por cierto. Nosotros ya hemos empezado el proyecto "La vuelta al mundo en 80 dias" elegido desde la biblioteca para trabajar a Julio Verne. Nuestro proyecto culminara el 23 de abril.
ResponderEliminarSuerte a vosotros.