Como xa vos comentamos na entrada anterior, durante esta semana, estivemos a investigar sobre a vida de dez mulleres importantes da historia galega.
Primeiro, cada un de nós fixo un debuxo da protagonista da súa investigación:
A continuación, fixemos unha presentación co Impress (software libre similar ao Power Point) coa información máis relevante da nosa personaxe:
E por último, cos nosos debuxos xeramos uns códigos QR con
UNITAG que redireccionamos á nosa diapositiva para poder ler unha pequena biografía:
Para ver se funcionaban, utilizamos o móbil da profe e "limos" os códigos coa aplicación gratuita
I-nigma que é o lector de códigos QR que ten a profe pero hai moitos máis como
Beetag ,
Up-Code,
QuickMark, ...
Por se alguén non quere descargar ningún lector de códigos QR no seu teléfono móbil, deixámosvos a presentación para que poidades saber quen é cada unha e por que nos parecen mulleres dignas de pertencer á historia galega:
¡que guay gustoume moito como quedou enhoraboa . Adrián
ResponderEliminarAlédome que che gustara, Adrían. Un biquiño e ata mañá.
ResponderEliminar