Trátase dun programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e comportamentais a través dos medios audiovisuais e as TIC.
O programa consta da proxección de 3 películas (unha cada trimestre), a realización das correspondentes unidades didácticas (compostas dun manual para o profesorado e un caderno para o alumnado), actividades complementarias en internet e a posibilidade de facer un curso de formación optativo para o profesorado online.
Como eles mesmos din, é importante saber que a proxección das películas non é un fin en si mesmo, senón un medio para traballar as unidades didácticas.
A primeira película que vimos foi: "EL CORO". Este é o trailer oficial da película:
Estivemos todos moi atentos tanto á presentación do programa como á proxección da película:
E así traballamos colaborativamente sobre a mesma:
Collage feito con Photojoiner
