Pages
▼
30 outubro 2019
SAMAGOSTÍN
Este ano no cole, celebramos xuntos o Samaín e o Magosto. Coma sempre no Magosto, disfrutamos e saboreamos ricas castañas asadas e ricos bocadillos de pan de Neda con chourizo. Uhmmmm, estaban boísimos!!!!!
Na clase fixemos uns bonitos cestiños para poñer as nosas castañas:
Ollade que ben o pasamos:
Na páxina Web do cole pódense ver máis fotos:
20 outubro 2019
NOVO PROXECTO: A CONTORNA E O HORTO ESCOLAR
O proxecto a nivel de centro deste ano é "a NOSA CONTORNA e a HORTA ESCOLAR". O primeiro que fixemos foi pensar nunha mascota para o bancal que imos ter dentro do invernadoiro.
Tiña que ser un animal ou vexetal típico desta zona ou do horto. Entre todos e despois dunha reñida votación, eleximos ao ... RAPOSO e entre todos o debuxamos usando a técnica cooperativa do folio xiratorio:
Tiña que ser un animal ou vexetal típico desta zona ou do horto. Entre todos e despois dunha reñida votación, eleximos ao ... RAPOSO e entre todos o debuxamos usando a técnica cooperativa do folio xiratorio:
18 outubro 2019
TEATRO: LAZARO DE TORMES
Hoxe os rapaces e rapazas de 5º e 6º fomos ao Pazo da Cultura de Narón para ver a obra "Lázaro de tormes" a cargo da Compañía galega Pedras de Cartón.
Ainda que na obra non se falaba, rímonos moitísimo con ela.
13 outubro 2019
MAQUETA DO RELEVO DE ESPAÑA
Ademais do video que xa vos amosamos nunha entrada anterior, para aprender ben o relevo de España, por equipos cooperativos fixemos unha maqueta utilizando plastilina. Ollade que bonitas nos quedaron:
08 outubro 2019
EXCURSIÓN AO PARLAMENTO E A XUNTA DE GALICIA
Esta semana os nenos e nenas de quinto, fomos de excursión a Santiago xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto e sexto de primaria. Esta excursión forma parte do programa "Coñece as túas Institucións" impulsado e financiado pola Xunta e o Parlamento de Galicia para divulgar o papel das institucións autonómicas, explicar a separación de poderes e impulsar os valores democráticos.
Aproveitamos ademais para ver o Museo Pedagóxico Galego que non o coñeciamos. Queredes ver o ben que o pasamos? Ollade o video:
07 outubro 2019
HISTORIA DA MAXIA CO MAGO TETO
Hoxe fomos as clases de 4º, 5º e 6º de Primaria á Casa da Cultura de Neda para disfrutar da "Historia da maxia" de mans do Mago Teto. Alí coincidimos cos nenos e nenas do CEIP de San Isidro.
Nesta actuación incluída na campaña "Ler Conta Moito" (Programa de promoción á lecutra e dinamización das bibliotecas de Galicia) , o mago Teto fai un percorrido pola historia da maxia con incribles trucos e moi bo humor.
05 outubro 2019
UNIDADES DE RELEVO
No primeiro tema de Ciencias Sociais aprendimos as principais unidades de relevo de España e de Galicia.
Practicamos con mapas e tamén con exercicios tanto online como escritos utilizando os recursos do noso sites:
Practicamos con mapas e tamén con exercicios tanto online como escritos utilizando os recursos do noso sites:
E finalmente gravamos este video co aprendido:
02 outubro 2019
UNHA CARTA PARA MIN MESMO
O ano pasado realicei a actividade "Unha carta para min mesmo". Dita actividade consistía en escribir una carta para nós mesmos contando o que esperabamos aprender e facer durante este curso e abrila os últimos días de clase. Aos meus alumnos gustoulle moitísimo por iso este ano repetín a actividade coa nova promoción.
Aquí temos as cartas preparadas para meter no buzón:



