Así de bonitos quedaron os nosos mosaicos de inverno.
Pages
▼
25 febreiro 2021
24 febreiro 2021
DÍA DE ROSALÍA
Polo día de Rosalía, o 24 de febreiro, na clase aprendimos moitas cousas sobre a súa vida. Fixemos unhas caricaturas dela:
En plástica a carátula dun dos seus libros:
E algúns participamos na actividade "Todos somos Rosalía" organizada polo Equipo de Normalización Lingüística que consistía en sacar unha foto imitando algunha de Rosalía:
17 febreiro 2021
CAROUTAS DE PELIQUEIROS
Outra das actividades que fixemos polo Entroido foron estas fermosas caroutas de Peliqueiros que pegamos en folios de cor. Que vos parecen?
14 febreiro 2021
ENTROIDO NA MACIÑEIRA
Video resumo do Entroido no noso cole:
Podedes ver as fotos na galería da páxina Web:
Vémonos o 18 de febreiro.
FELIZ ENTROIDO!!!!!!
12 febreiro 2021
11 febreiro 2021
10 febreiro 2021
09 febreiro 2021
08 febreiro 2021
MANDATOS DO MECO DÍA 1
Para a túa identidade ocultar,
un antiface ou algo similar
(perruca, maquillaxe, carouta)
traerás o luns pola mañá.
07 febreiro 2021
MANDATOS DO MECO
Este ano todo o centro a nivel de clases vaise disfraz de superheroes e superheroínas. A mágoa é que por mor do Coronavirus, o MECO da ANPA que nos visitaba cada ano para ver que se cumpríamos os seus mandatos, non nos pode visitar. Ainda así, deixounos os seus mandatos:
06 febreiro 2021
MANUALIDADES ENTROIDO
Para decorar o centro para o Entroido aos nenos e nenas de 5º de primaria tocoulles facer antifaces e a nós arlequíns utilizando materiais reciclados.
Ollade que bonito quedou todo:
























