Xa hai uns meses que temos na nosa clase o calendario que fixemos entre todos os cursos. Aquí volo deixamos para que vexades os bonitos debuxos que ten. Atopades os nosos?
Pages
28 febreiro 2022
27 febreiro 2022
METEREÓLOGOS POR UN DÍA
26 febreiro 2022
FESTA PIRATA
Onte celebramos a festa do Entroido no cole, cada clase por separado por mor do COVID.
Primeiro decoramos o recipiente onde iamos botar os gusanitos e as palomitas:
A continuación vimos a película de PAN (Viaxe a nunca xamais):E ao rematar fixemos unha rica merenda. Decoramos unha bandeira pirata, a pegamos nun pincho de madeira, colocámoslle unha loncha de queixo de vela, abrimos o pan (o casco do barco) e despois de quentalas no forno, metimos dentro de cada pan unha salchicha.
Uhmmm, que rico!
25 febreiro 2022
24 febreiro 2022
DÍA DE ROSALÍA
Hoxe 23de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para homenaxear a esta gran escritora galega, entre todas as clases creamos un bonito documental.
Aquí volo deixamos para que poidades gozar del:
23 febreiro 2022
22 febreiro 2022
2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: ACOSO ESCOLAR
Hoxe tivemos a segunda das tres charlas pertencentes ao "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".
Durante unha sesión, falounos das distintas situacións de acoso escolar e do importante que é o papel do testigo/a para que frene o acoso.
Vimos tamén un video onde se entrevistaba a dous rapaces que sufriron acoso escolar. Podedes velo na páxina web da Sexta premendo na imaxe:
21 febreiro 2022
20 febreiro 2022
18 febreiro 2022
ENTROIDO PIRATA
Un ano máis comeza a celebración do Entroido no cole. Este ano, o tema elexido é ..... OS PIRATAS.
Ollade que bonito está o cole :
14 febreiro 2022
DÍA DA AMIZADE
Polo día da amizade, seguindo unha idea que vimos en Internet, cada un de nós recortou cinco corazóns para escribir neles o que máis nos gusta de cada compañeiro de clase.
Despois, decoramos un sobre que poñía O que máis me gusta de ..., engadimos o noso nome e nel metimos todos os corazóns que nos escribiron os nosos compañeiros.
11 febreiro 2022
CAROUTAS DE ANIMAIS
Para decorar o cole, decidimos facer unhas caroutas de animais en 3D. Seredes capaces de adiviñar que animal é cada un?
09 febreiro 2022
Pasapalabra e Breakout sobre enerxía
Para repasar o tema da enerxía que estamos a ver en Ciencias Naturais, a profe preparou unhas tarxetas feitas con Goconqr, un pasapalabra feito con Genmagic e un Breakout feito con Genial.ly Non só aprendimos moito con eles, senón que tamén o pasamos de marabilla.
Estes son os tres recursos que utilizamos:
02 febreiro 2022
EXPERIMENTOS CONSECUENCIAS DO USO DA ENERXÍA
Estes días, na clase estamos a falar das consecuencias do uso da enerxía e entre elas, da chuvia ácida e do efecto invernadoiro.
Para que nos quedase máis clariño fixemos dous experimentos. Queredes velos?
- EXPERIMENTO CHUVIA ÁCIDA:
- EXPERIMENTO EFECTO INVERNADOIRO:
