Pages
31 decembro 2022
23 decembro 2022
SAN SILVESTRE
O derradeiro día de clase , todos o nenos e nenas do cole, celebramos a 3ª Carreira de San Silvestre acompañados dos profes e de todas as familias que puideron asistir.
Se queredes ver todas as fotos da xornada (que son moitísimas) só tedes que premer na seguinte ligazón:
20 decembro 2022
ATLETISMO
19 decembro 2022
INTERCAMBIO POSTAL COA GALIÑA AZUL
A semana pasada a gardería A galiña de Azul de Narón propoñía ao cole facer un intercambio postal dos nenos e nenas de infantil co seu alumnado.
Así que hoxe, os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria axudamos aos máis pequerrechos do cole a facer a súa tarxeta navideña:
Ollade que bonitas
OS NÚMEROS ENTEIROS
Estes días practicamos a facer operacións cos números enteiros e a utilizar as coordenadas cartesianas.
As operacións, con estes retos matemáticos que atopamos no blogue Recursos EP:
14 decembro 2022
ELECTRICIDADE ESTÁTICA E MAGNETISMO
Na clase de Ciencias Naturais andamos a falar da electricidade estática. Utilizamos este simulador:
Simulador de electricidade estática
E fixemos dous sinxelos experimentos cun globo: atraer anaquiños de papel e levantar os pelos.
Tamén fixemos un compás caseiro cunha agulla imantada para que sempre nos indique o norte:
Despois, subimos todas as fotos ao noso muro virtual de experimentos:
12 decembro 2022
APADRIÑAMENTO LECTOR EN 4 ANOS
10 decembro 2022
O AXUDANTE DE PAPA NOEL
Onte, grazas á ANPA, puidemos disfrutar do espectáculo "O axudante de Papá Noel" de Moc Moc espectáculos.
Durante preto dunha hora, todo o cole, disfrutamos dunha sesión de contacontos, malabares, acrobacias,... coa que non só nos rimos un montón senón na que tamén aprendimos a importancia e o beneficio de compartir cos demais.
Podedes ver todas as fotos da xornada, na seguinte ligazón:
08 decembro 2022
A MALETA CLIMÁTICA
descubrimos que estaba cargadiña de libros relacionados co medio ambiente e o clima, o noso proxecto deste ano.
07 decembro 2022
ROTEIRO MEDIOAMBIENTAL POLA COSTA DE DEXO
Hoxe fixemos unha ruta guiada pola Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras de Mandeo concretamente pola Costa de Dexo da man unha vez máis da asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)..
Durante o percorrido, aprendimos a importancia e o valor natural e social deste espazo. Entre outras moitas cousas, vimos a Illa de A Marola que é un importante refuxio para algunhas aves como o Paíño do mal tempo unha das aves mariñas máis pequenas que existen. A nós , a illa se nos parece a unha muller acostada, a unha tartaruga, á metade dunha cenoria,... E a vós? A que se vos parece?
As Furnas que son unhas cavidades mariñas formadas pola acción do mar:
E a Punta do Seixo Branco que debe o seu nome a unha gran veta de cuarzo branco que serpentea o cantil hacia o mar :
Aquí vos deixamos todas as fotos:
05 decembro 2022
OBRADOIRO DE MANUALIDADES NAVIDEÑAS
02 decembro 2022
DECORACIÓN DE NADAL
Para axudar a decorar o cole, a nosa clase fixo fermosas casiñas con paíños de madeira.
Que vós parecen?
PLANTAMOS
Agora que o noso horto xa está limpo de maleza, primeiro fomos a preparar os nosos bancais:
E uns días despois fomos a plantar:25 novembro 2022
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co obxectivo de previr a Violencia de Xénero tamén dende a escola, no centro e na clase ao longo destas semanas estivemos a traballar sobre este tema.
Fixemos murais e carteis reivindicativos:
Participamos no IV ENCONTRO ESCOLAR DE FERROLTERRA POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO financiado pola Deputación da Coruña axudando a gravar este video no que saímos os alumnos de 5º e 6º de EP:
E rompendo a cadea da violencia dixital:
_2.jpg)
.jpg)
















































