Pages

30 outubro 2023

DECORAMOS A CLASE PARA O SAMAÍN

 Ademais de decorar o cole tamén decoramos a nosa clase. Así de terrorífica nos quedou:







27 outubro 2023

CESTIÑOS PARA SAMAGOSTÍN

 

Utilizamos pratos de cartón para facer os nosos cestiños para as castañas. Que vos parecen?







26 outubro 2023

PRIMEIRA CARTA DO MAGO MACÍN

Cando hoxe chegamos a clase, enriba da mesa de Manuel estaba a caixa do Mago Macín a mascota da nosa biblio.

Manuel abriuna e amosounos o que tiña: unha carta. Na carta Macín dicíanos que hai uns días fora o día das bibliotecas escolares co lema "Unha biblioteca escolar en viñetas" e que como sabía que en Educación Física estivéramos facendo unhas probas e conseguíramos facer o puzzle da portada dun libro de banda deseñada , nos pedía que metéramos dentro da caixa o puzzle  para que dentro duns días e con axuda da súa maxia , ese puzzle se convertise nun libro de verdade.

Así que dito e feito, metimos o puzzle na caixa e ... A ESPERAR A VER QUE PASA.

25 outubro 2023

 

No marco da iniciativa "Ler conta moito" da Rede de bibliotecas públicas de Galicia, esta semana o concello de Neda activou o programa "Do cole á biblio" unha iniciativa que contou cun total de tres espectáculos de animación á lectura que tiveron lugar na Casa da Cultura.

A nós tocounos o espectáculo "Unha maxia diferente" a cargo do Mago Paco. Nel, a través de distintas historia e xogos de maxia, póñense de manifesto as diferencias humanas e trabállase a igualdade desde un punto de vista divertido e ilusionante e sen perder o transfondo educativo, tal e como di na súa páxina.

Pasámolo fenomenal




19 outubro 2023

A CÉLULA VEXETAL

 

Hai uns días empezamos en CCNN co tema das plantas. O primeiro que aprendimos é que as plantas son seres pluricelulares formados por células vexetais.

Para aprender as súas partes, coloreamos unha célula vexetal e grazas a aplicación QUIVER que temos instalada na tablet da clase, puidemos ver a nosa célula en 3D:

16 outubro 2023

GATOS MONSTRUOSOS

 Como estamos preto do Samagostín (unha mestura de Magosto e Samaín que celebramos no cole), para decorar o centro, tocounos facer uns gatos monstruosos utilizando pratos de papel.

O primeiro que fixemos foi pintar os pratos con témpera negra:


E unha vez que secaron, cortamos o interior do prato para facer a cabeza e rematámolos poñéndolles ollos, orellas, bigotes e como non unha gran cola.

Así nos quedaron:


E así lucen polos corredores xunto coas outras manualidades dos nosos compañeiros e compañeiras:

09 outubro 2023

O UNIVERSO

 Entre as moitas actividades que fixemos para aprender cousiñas sobre o Universo , a Terra, a Lúa e as eclipses algunhas das que máis nos gustaron foron:

- O calendario para saber cal será a fase da Lúa calquera día nos próximos 20 anos que atopamos na páxina de DIVERMATES:


- E a maqueta para entender as eclipses solares e lunares: