Pages
21 xuño 2024
18 xuño 2024
ÚLTIMA CARTA DE MACÍN
Cando entramos na clase descubrimos a caixa de Macín. Esta vez foron Lucía Lorenzo e Alba as encargadas de abrila.
Dentro viña unha carta na que Macín nos daba as grazas por axudar na biblioteca nos recreos e como recompensa viña un diploma personalizado para cada un de nós e tamén un agasallo misterioso.
17 xuño 2024
DÍA DO DEPORTE
Hoxe grazas ao ANPA disfrutamos no cole do Día do Deporte. Ao longo de toda a mañá practicamos diferentes deportes como atletismo, tenis, pickleball, baloncesto, volleyball, taekwondo, capoeira, tiro ao arco, spikeball e hockey.
Ollade que ben o pasamos:
13 xuño 2024
VISITA DE PAKOLAS
Sabedes que? Hoxe grazas a ANPA recibimos no cole a visita de Pakolas (Paco Cerdeiras) co seu espectáculo "A Ramona pequena vai á Lúa".
Que divertido foi!
Aquí vos deixamos un video promocional coa canción: "Coas mans":
07 xuño 2024
EXCURSIÓN A MADRID
Esta semana tivemos a excursión de fin de curso. Este ano tocou Madrid.
Durante estes catro día disfrutamos moitísimo facendo arborismo no Club As Encinas, visitando a Warner, Faunia , Parque Europa e o centro de Madrid.
_2.jpg)






.jpeg)

