Pages

26 setembro 2024

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

 


Onte recibimos no cole a visita de Amaya, enfermeira de pediatría do Centro de Saúde de Neda e catro das súas residentes de 1º ano de Enfermaría Familiar e Comunitaria. As cinco viñeron a darnos un pequeno cursiño de primeiros auxilios a nos e aos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de primaria.

Durante preto de hora e media, aprendimos e practicamos a posición lateral de seguridade, a RCP (reanimación cardiopulmonar) tanto a adultos como a nenos e lactantes, como utilizar un DESA (desfibrilador semiautomático) e por último e non menos importante, que facer en caso de atragantamento.

Gustounos moitísimo e aprendimos un montón. Esperamos que veñan a vernos moitas máis veces.

MOITAS GRAZAS A TODAS!!!!!

Nesta presentación podedes ver algunhas das fotos que sacamos practicando todo o aprendido.

obradoiro primeiros auxilios.pdf de Ana

Na Galería da páxina web do cole, podedes  todas as fotos de ámbalas dúas clases.

19 setembro 2024

PRACTICANDO APROXIMACIONES

Hoxe practicamos as aproximacións dos números de ata 9 cifras, co xogo "O madgato das aproximacións" que atopamos no blogue "Maestros como Superhéroes". O obxectivo do xogo era conseguir cinco aproximacións de cada tipo en función da ficha resposta que tiñamos cada un.

Ainda que non nos deu tempo a acabar, practicamos moito e dun xeito moi divertido.




16 setembro 2024

CREANDO FUTURO

 Unha das actividades que fixemos a principios de curso foi un "Todo sobre mi" en forma de deportiva que descargamos de xeito gratuito da páxina de Twinkl

Nela escribimos o noso nome, curso, ano de nacemento, serie favorita ...


A continuación coloreámola e agora todas xuntas decoran a nosa clase xunto cunha frase inspiradora que atopamos no Facebook de Frases inspiradoras oficial:



Gústanvos?

05 setembro 2024

FELIZ INICIO DE CURSO 2024-2025

Moi feliz inicio de curso!!!! Vémonos o 11 de setembro coas pilas ben cargadiñas.