A aportación de quinto e sexto de primaria á decoración do Samagostín foron unhas malvadas meigas e tamén uns esqueletos terroríficos.
Ollade, ollade.
A aportación de quinto e sexto de primaria á decoración do Samagostín foron unhas malvadas meigas e tamén uns esqueletos terroríficos.
Ollade, ollade.
Hoxe tocou experimentar o fenómeno da refracción e da reflexión facendo tres experimentos:
Durante preto dunha hora, Óscar sorprendeunos cos seus trucos de maxia: dende cordas de distintos tamaños que acaban iguais, panos de distintas cores, cartas que desaparecían, boliñas que cambiaban de lugar .... e todo iso ambientado de Samaín.
Pasámolo fenomenal!!!!!
Polo Día Internacional da Muller rural, recibimos no cole a visita das concelleiras de Igualdade, Cultura e medio rural do Concello de Neda, que viñeron a entregarnos a cada un de nós, o libro "Xuvia pode ser o que queira".
Este libro que está protagonizado polos Bolechas (do debuxante Pepe Carreiro) trata sobre a igualdade de oportunidades. Nel, os Bolechas chegan a Neda para visitar a unha amiga e grazas a ela descobren moitos lugares do Concello como a Fervenza, a Fábrica Téxtil, o Mirador de Ancos, ... , coñecen os oficios que realizaban as mulleres de Neda hai moitos años e tamén falan do que lle gustaría ser de maior á súa amiga.Con isto, queren transmitirnos a mensaxe de que para poder ser o que realmente queremos ser, non importa o noso xénero nin o lugar onde vivimos senón que o que realmente importa é o noso esforzo.
Este venres recibimos as primeiras noticias de Macín. Xunto cos nosos compañeiros de quinto e sexto de primaria, fomos á biblioteca.
Alí, nun recuncho atopamos as súas caixas. Unha delas, poñía terceiro ciclo de primaria.
Hoxe celebramos os aniversarios de Abril e de Sabela que estiveron de cumple no mes de setembro.
Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto fomos á biblioteca. Alí esperábannos as caixas de Macín e dentro delas unha carta. A carta dicía o seguinte:
Sabedes que? Hoxe visitounos no cole un xogador do equipo de Voleibol Aldebarán de San Sadurniño, concretamente, Luís Meza.
Durante toda a sesión de Educación Física, Luís ensinounos distintas tecnicas e formas de coller o balón. Ollade, ollade ...
MOITAS GRAZAS, LUÍS, POLA TÚA VISITA!!!!