Pages

31 decembro 2024

SAN SILVESTRE

 


O derradeiro día de clase celebramos a tradicional Carreira de San Silvestre que facemos todos os anos.

Podedes ver todas as fotos da carreira, na aula virtual do cole.

SAN SILVESTRE 2024

E a continuación tomamos os doce gusanitos para celebrar a entrada do novo ano. Coma sempre os maestros de ceremonias foron Cari e Llon.


Moi feliz ano para todos e todas!


24 decembro 2024

19 decembro 2024

FACEMOS TARXETAS DE NADAL

 Neste último tema de Ciencias Naturais estivemos aprendendo moitas cousas sobre a electricidade e os circuitos eléctricos.

Así que xuntámonos cos nosos compañeiros e compañeiras de quinto de primaria e fixemos unha tarxeta de Nadal con cinta de cobre, unha pila de botón e luces led.


CONCERTO DE NADAL

 Hoxe disfrutamos dun fermoso concerto de Nadal da man de tres mestres do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol cos seus instrumentos: un oboe,  un violonchelo e un contrabaixo.




Gustounos moitísimo!!!!

CUMPLES DE NOVEMBRO

 Hoxe celebramos o aniversario de Anja que estivo de cumple no mes de novembro.

Moitísimas felicidades, Anja!!!!!


11 decembro 2024

APADRIÑAMOS AO ALUMNADO DE 4º EP

 Dentro das actividades propostas pola coordinadora de benestar e convivencia para propiciar a mellora de convivencia, a resolución pacífica de conflitos e o respecto aos compañeiros e compañeiras entre outros,  fomos á clase de cuarto de primaria para apadriñar a un alumno ou alumna dese curso.

Ademais de presentarnos e dicirlles que sempre que necesiten axuda só teñen que pedila, regalámoslles as chapas que se fixeron cuns debuxos nosos:

Eles, tamén nos quixeron regalar unha chapa a cada un cos debuxos que fixeron eles.





05 decembro 2024

DECORACIÓN DE NADAL

 Para decorar os corredores do cole, quinto e sexto fixemos uns gnomos moi graciosos, non si?









SESIÓN DE CINE: VIANA 2

 Hoxe grazas a ANPA todo o cole fomos o cine. Os de primaria vimos a película de Vaiana 2.

Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:



03 decembro 2024

DE EXCURSIÓN POLA COSTA DE DEXO

Hoxe fixemos unha visita guiada pola Reserva da Biosfera das mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, concretamente polo Monumento Natural da Costa de Dexo.

Tivemos moi mala sorte porque nos choveu todo o tempo, por iso a saída foi máis curta do esperado e quedáronnos moitas cousas por ver.



Tamén vimos a Illa da Marola, onde aniña o paxaro mariño máis pequeno, o paíño do mal tempo, un paxaro de apenas 28 gramos que vive na auga e no aire xa que só pousa na terra para aniñar ou para refuxiarse cando hai fortes temporais.


A que se vos parece esta illa?

15 novembro 2024

CUMPREANOS DE OUTUBRO

Hoxe celebramos o aniversario de Alba, Lucía Verdú, Daniela, Izan e Dani que estiveron de cumple no mes de outubro.


Moitísimas felicidades aos cinco!!!!!

22 outubro 2024

DECORACIÓN PARA O SAMAGOSTÍN

 A aportación de quinto e sexto de primaria á decoración do Samagostín foron unhas malvadas meigas e tamén uns esqueletos terroríficos.

Ollade, ollade.







Que vos parecen? Gústanvos?

REFLEXIÓN E REFRACCIÓN

Hoxe tocou experimentar o fenómeno da refracción e da reflexión facendo tres experimentos:

  • A frecha máxica
  • O lapis que se rompe
  • O raio láser que rebota na auga
Así os fixemos:

21 outubro 2024

EN SAMAÍN TOCA... MAXIA!


Dentro das actividades  do programa "Ler conta moito" e tendo en conta que nuns días vai ser o Día das Bibliotecas Escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP do cole, fomos hoxe á Casa da Cultura de Neda para ver o espectáculo "En Samaín toca ... Maxia!" da compañía de Vigo, Magia en la Manga.

Durante preto dunha hora, Óscar sorprendeunos cos seus trucos de maxia: dende cordas de distintos tamaños que acaban iguais, panos de distintas cores, cartas que desaparecían, boliñas que cambiaban de lugar .... e todo iso ambientado de Samaín.

Pasámolo fenomenal!!!!! 

18 outubro 2024

EXPERIMENTO 1: O DISCO DE NEWTON


Hoxe empezamos os nosos experimentos relacionados coa luz. É o primeiro de todos é o Disco de Newton para comprobar se a cor branca é unha mestura de todas as cores do arco da vella.

Para iso, só necesitamos un trozo de cartolina, un CD, un transportador de ángulos, pinturas, tesoiras, unha canica e silicona.

Así o fixemos:

1º Colocamos un vello CD sobre a cartolina, para facer un círculo.
2º Coa axuda do transportador, dividimos o círculo en sete partes (5 ángulos de 50ºC e dous de 55ºC).
3º Coloreamos cada parte coas cores do arco da vella na súa orde correcta.
4º Pegamos o círculo ao CD.
5º Coa pistola de silicona, pegamos unha canica pola parte de abaixo do CD.

Resultados:
 

Como coas canicas non se apreciaba ben a luz branca, acabamos utilizando un ventilador de man para ver mellor o efecto.
Que vos parece?

15 outubro 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL

 

Polo Día Internacional da Muller rural, recibimos no cole a visita das concelleiras de Igualdade, Cultura e medio rural do Concello de Neda, que viñeron a entregarnos a cada un de nós, o libro "Xuvia pode ser o que queira".

Este libro que está protagonizado polos Bolechas (do debuxante Pepe Carreiro) trata sobre a igualdade de oportunidades. Nel, os Bolechas chegan a Neda para visitar a unha amiga e grazas a ela descobren moitos lugares do Concello como a Fervenza, a Fábrica Téxtil, o Mirador de Ancos, ... , coñecen os oficios que realizaban as mulleres de Neda hai moitos años e tamén falan do que lle gustaría ser de maior á súa amiga. 

Con isto, queren transmitirnos a mensaxe de que para poder ser o que realmente queremos ser, non importa o noso xénero nin o lugar onde vivimos  senón que o que realmente importa é o noso esforzo.

05 outubro 2024

NOVAS DE MACÍN

 

Este venres recibimos as primeiras noticias de Macín. Xunto cos nosos compañeiros de quinto e sexto de primaria, fomos á biblioteca.



Alí, nun recuncho atopamos as súas caixas. Unha delas, poñía terceiro ciclo de primaria.



Cando a profe Carmen a abriu, atopamos unha carta, uns libros e unhas plantillas.



Na carta, Macín, pedíanos que como xa estamos preto do Samaín, escribísemos cada clase un conto de medo entre todos e que tamén o ilustrásemos.

Antes de voltar a clase, estivemos botándolle unha ollada aos libros que Macín nos recomendaba.




E para lembrar o día, sacamos unha bonita foto de grupo:

04 outubro 2024

CUMPLES DE SETEMBRO

Hoxe celebramos os aniversarios de Abril e de Sabela que estiveron de cumple no mes de setembro.

Moitas felicidades as dúas!!!!!!!!