Pages
21 outubro 2025
20 outubro 2025
CIRCO NA BIBLIOTECA
Hoxe fomos á Casa da Cultura para ver o espectáculo de malabares, equilibrio e clown, "Circo na Biblioteca" de Dani Blanco, incluído no ciclo "Do cole á biblio" co que o Concello de Neda celebra o Día da Biblioteca.
Esta iniciativa, impulsada co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa "Ler conta moito", busca achegar á rapazada a este espazo cultural, a través de accións de dinamización e espectáculos.
17 outubro 2025
DECORACIÓN DE SAMAGOSTÍN
A finais de mes celebraremos o SAMAGOSTÍN, unha mestura do Magosto e o Samaín.
Para decorar os corredores do colexio, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, decidimos facer unhas CATRINAS. Así que estes días, xuntámonos as dúas clases para facelas.
Ollade que ben traballamos mesturamos:
15 outubro 2025
IMPRENTA ALOUETTE MACHINE
09 outubro 2025
A IGUALDADE NON TEN TRUCO
Grazas á ANPA, onte, a compañía viguesa "Magia en la manga" veu ao noso colexio para representar o seu espectáculo: "A igualdade non ten truco". Durante o mesmo, ademais dos seus divertidos trucos de maxia con cartas, cordas, panos, dragóns e espadas, entre outros, tamén fixeron un percorrido pola historia das mulleres magas para amosar que ainda que estamos máis afeitos a ver magos, tamén existiron e existen hoxe en día, moitas mulleres magas.
O mago, Carlos Tomico Pérez e a maga, Sara Rodríguez Martínez, transmitíronnos unha mensaxe moi importante: e é que todas e todos podemos desenvolver calquera profesión.
06 outubro 2025
O UNIVERSO
En ciencias xa comezamos co tema do Universo. Falamos de estrelas e constelacións, dos planetas, da Lúa ... Para seguir aprendendo, poderemos buscar información en Internet, nos libros que trouxo Xandre, nos da biblio e da clase ...
Ademais para que todo nos quede moi clariño, faremos unha maqueta do Sistema Solar, un calendario lunar, un modelo de eclipse ...
Polo de pronto, xa comezamos a pintar a base da maqueta:
02 outubro 2025
VOLUNTARIADO BIBLIOTECA
Como xa imos en quinto, este ano podemos ser voluntari@s da biblioteca. A tarefa dos voluntari@s consiste en ir a buscar aos nenos de infantil para ir á biblioteca, axudarlles a coller libros, facer os empréstitos, catalogar, colocar os libros nos anaqueis por orde alfabética ...
Por iso, hoxe a profe Rosa, que é a coordinadora do equipo de Biblioteca deunos unha pequena formación para aprender como tiñamos que facer os empréstitos co programa Koha, como están catalogados os libros, ...
























