Pages
31 decembro 2025
19 decembro 2025
SAN SILVESTRE 2025
Podedes ver algunhas fotos da carreira na galería da páxina web do cole premendo na seguinte ligazón:
17 decembro 2025
DECORACIÓN DE NADAL
Para decorar os corredores, tocounos facer uns gnomos con lá e aros de madeira. Traballamos arreo pero encantounos o resultado.
12 decembro 2025
1ª CHARLA PLAN DIRECTOR
Un curso máis, o centro participa no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Este plan, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temas como o acoso escolar, violencia de xénero, novas tecnoloxías,... impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Hoxe tivo lugar a primeira charla. Sara que pertence á Garda Civil, nos estivo explicando e informando dos riscos de Internet: descubrimos que todo o que se sobe a Internet queda en Internet para sempre e que non debemos falar polas redes con descoñecidos e moito menos facer cousas que nos pidan porque moitas veces pode suceder que realmente non sexan quen cremos que son.
Tamén comentamos as cinco mensaxes da campaña "Móbil e videoxogos. Disfrutar sen abusar" promovida pola Fundación Mapfre, Twitter e Pantallas Amigas que animan a ter un estilo de vida dixital de xeito equilibrado e saudable:





02 decembro 2025
TRABALLANDO NOS NOSOS BANCAIS
Hoxe voltamos ao horto, esta vez tocounos cos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria. A orde do día era preparar os nosos bancais. Algúns, quitamos as malas herbas e as botamos no corredor central, outros as levamos ata o composteiro e o resto encargámonos de regar.
28 novembro 2025
RADIO ESCOLAR: GRAVAMOS UN PODCAST
Despois da formación teórica de onte, hoxe fomos á biblioteca, onde temos a nosa radio escolar. Como somos moitos, dividímonos en catro grupos de cinco persoas, catro fixemos de locutores e locutoras e a quinta persoa fixo de técnico de son. Cada técnico de son, despois de rematar, tiña que amosar aos seus compañeiros e compañeiras todo o que había que facer: encender o ordenador, encender o equipo, abrir o Audacity, facer unha proba de son, ... Entre toda a clase, gravamos catro programas de radio, dous relacionados coa igualdade e a violencia de xénero en relación ao 25N e dous coa arte e os límites en relación ao Día da discapacidade e ao taller que fixemos coa profe Estefanía.
Gustounos moitísimo gravar os programas e estamos desexando facer algúns máis moi pronto.
A que parecemos uns auténtic@s profesionais? Nuns días poderedes escoitar os nosos programas.
27 novembro 2025
RADIO ESCOLAR
Sabedes que? Pablo da Rede Espora, visitounos hoxe para darnos unha formación sobre a Radio Escolar. Durante preto dunha hora, ensinounos que material necesitamos para poder realizar un programa de radio, explicounos como funciona a mesa (encendido, mutear, poñer música de fondo, auriculares,...), que programa se utiliza para gravar (o Audacity) así como diversos consellos para facer os guións, como deben ser as locucións, ideas de actividades, ...
Aprendimos moitísimo pero o mellor de todo é que mañá ... IMOS GRAVAR UN PROGRAMA! QUE EMOCIÓN!
11 novembro 2025
CHARLA FRAGAS DO EUME
Hoxe, grazas ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) que conta co apoio da Deputación da Coruña, tivemos unha charla sobre o parque natural das Fragas do Eume co obxecto de coñecer a importancia e o valor que ten.
Durante preto dunha hora coñecimos a flora e a fauna da Fraga, as especies que están ameazadas, algunhas especies invasoras, o seu patrimonio etnográfico e histórico e tamén os principais problemas ambientais que sofre e como entre tod@s podemos axudar a protexela.
Proximamente, faremos unha ruta guiada polas Fragas para poder ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos durante a charla.
21 outubro 2025
20 outubro 2025
CIRCO NA BIBLIOTECA
Hoxe fomos á Casa da Cultura para ver o espectáculo de malabares, equilibrio e clown, "Circo na Biblioteca" de Dani Blanco, incluído no ciclo "Do cole á biblio" co que o Concello de Neda celebra o Día da Biblioteca.
Esta iniciativa, impulsada co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa "Ler conta moito", busca achegar á rapazada a este espazo cultural, a través de accións de dinamización e espectáculos.
17 outubro 2025
DECORACIÓN DE SAMAGOSTÍN
A finais de mes celebraremos o SAMAGOSTÍN, unha mestura do Magosto e o Samaín.
Para decorar os corredores do colexio, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, decidimos facer unhas CATRINAS. Así que estes días, xuntámonos as dúas clases para facelas.
Ollade que ben traballamos mesturamos:
15 outubro 2025
IMPRENTA ALOUETTE MACHINE
09 outubro 2025
A IGUALDADE NON TEN TRUCO
Grazas á ANPA, onte, a compañía viguesa "Magia en la manga" veu ao noso colexio para representar o seu espectáculo: "A igualdade non ten truco". Durante o mesmo, ademais dos seus divertidos trucos de maxia con cartas, cordas, panos, dragóns e espadas, entre outros, tamén fixeron un percorrido pola historia das mulleres magas para amosar que ainda que estamos máis afeitos a ver magos, tamén existiron e existen hoxe en día, moitas mulleres magas.
O mago, Carlos Tomico Pérez e a maga, Sara Rodríguez Martínez, transmitíronnos unha mensaxe moi importante: e é que todas e todos podemos desenvolver calquera profesión.
06 outubro 2025
O UNIVERSO
En ciencias xa comezamos co tema do Universo. Falamos de estrelas e constelacións, dos planetas, da Lúa ... Para seguir aprendendo, poderemos buscar información en Internet, nos libros que trouxo Xandre, nos da biblio e da clase ...
Ademais para que todo nos quede moi clariño, faremos unha maqueta do Sistema Solar, un calendario lunar, un modelo de eclipse ...
Polo de pronto, xa comezamos a pintar a base da maqueta:





































