Pages

23 febreiro 2026

CALDO DE GLORIA


Un ano máis, celebramos no cole o aniversario de Rosalía de Castro, este ano facendo un "Caldo de Gloria", sumándonos así, a iniciativa promovida pola Fundación Rosalía de Castro inspirada no poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas. Neste poema, Rosalía, usa a idea de facer un caldiño para contar como vivía a xente humilde: con poucas cousas, pero intentando seguir adiante cada día. 


Despois do recreo, na Hora de Ler, xunto cos nosos compañeir@s de sexto de primaria, repartidos en grupos, pasamos por todas as clases para recitar o poema e a continuación, convidalos a probar o noso saboroso "Caldo de Gloria".



FELIZ DÍA DE ROSALÍA!

19 febreiro 2026

PAPIROFLEXIA CON ANTÓN CORTIZAS

Hoxe, despois do recreo, na Biblioteca, xunto cos nosos compañeir@s de sexto, fixemos un obradoiro de papiroflexia con Antón Cortizas.

Durante o obradoiro, aprendemos a elaborar:

- Un BICO DO GALO con adiviñas.



- Un VASO DE PAPEL cunha pelotiña.

- E tamén unha "CURUXA" feita con bugallos que tivemos que furar e despois baleirar.


Moitas grazas pola visita, Antón!

13 febreiro 2026

CELEBRAMOS O ENTROIDO

 E por fin hoxe celebramos a festa do Entroido. Ollade que guapísim@s estabamos tod@s:


FELIZ ENTROIDO!

11 febreiro 2026

FACEMOS O DISFRAZ

 Este ano, todo o cole imos ir disfrazados de XOGOS DE MESA. Nós escollimos as CARTAS DE PÓQUER.

Así que estas semanas estivemos: medindo, facendo moldes, recortando, forrando o pau ...




Traballamos moitísimo pero quedounos moi ben, non credes?

03 febreiro 2026

PLANTAMOS

 En Ciencias da Natureza estamos co tema das plantas. Así que hai uns días decidimos plantar unhas lentellas para ver o proceso de xerminación e os coidados que necesitan ter as plantas:


Colocámolas nas ventás de clase:


E así van medrando:


A plantilla na que pegamos as bolsas plásticas son de: goproferecursos. Moitas grazas por compartila.