Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións
29out 2022
0 comments

SAMAGOSTÍN

 Onte, celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN, unha mestura entre o Magosto e o Samaín.

Fixemos unha exposición de cabazas:

Viñemos disfrazados a clase:


Xogamos a terroríficos xogos no patio cuberto:






Participamos nun obradoiro de experimentos, chapas e calcamonías organizado pola ANPA:



E para rematar comimos ricas castañas e boliños preñados tamén por cortesía da ANPA:






Podedes ver todas as fotos da xornada premendo na seguinte ligazón:

SAMAGOSTÍN 2022

25out 2021
1 comments

CESTOS PARA O MAGOSTO

 Estes días estivemos a facer uns cestiños con cartóns de leite para meter as castañas asadas que un ano máis nos proporcionará a ANPA. Por mor do COVID as celebracións serán en cada aula burbulla e non poderemos xuntarnos todos coma outros anos.




A que nos  quedaron chulísimos?

30out 2019
0 comments

SAMAGOSTÍN



Este ano no cole, celebramos xuntos o Samaín e o Magosto. Coma sempre no Magosto, disfrutamos e saboreamos ricas castañas asadas e ricos bocadillos de pan de Neda con chourizo. Uhmmmm, estaban boísimos!!!!!

Na clase fixemos uns bonitos cestiños para poñer as nosas castañas:

Ollade que ben o pasamos:




Na páxina Web do cole pódense ver máis fotos:

12nov 2018
1 comments

MAGOSTO 2018


Ademais do día do Peón, o pasado venres celebramos o Magosto. Na clase de plástica fixemos uns cestiños aproveitando unhas caixas de plástico que gardamos o ano pasado cando tivemos a semana da froita:









Tamén decoramos a silueta dunha castaña expresando emocións diferentes para adornar o centro:




E por fin chegou a festa onde ademais de degustar ricas castañas, tamén disfrutamos do boísimo pan de Neda con chourizos asados no forno:




Podedes ver máis fotos da festa na páxina web do cole:


28nov 2017
0 comments

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Faltaban todavía por subir as fotos da celebración do Magosto festa que celebramos o pasado 10 de novembro.

Uns días antes, na clase de plástica, fixemos uns fermosos cestiños para ese día:


Como podedes ver, fixemos primeiro os cestos utilizando cartolina de cor marrón na que a profe debuxou a plantilla.

Se queredes saber como se fai:


A continuación, decorámolas facendo follas de disitntas formas con folios de cores e pegándolle una castaña feita de origami:



                                                                         Fonte da imaxe

Antes de degustar as castañas, participamos nuns xogos populares organizados pola profe de Educación Física, Bea, e os nosos compañeiros e compañeiras de sexto de Educación Primaria:

- O pano:
- O brilé:
- A buxaina:

- A mariola:

- As chapas:



- E aos zancos:




E xa por fin degustamos as ricas castañas asadas proporcionadas pola ANPA e os chourizos con pan de Neda. Estaba todo riquísimoooooooo!


Podedes ver máis fotos na páxina web do cole, clicando no seguinte enlace: