No noso cole, para celebrar este día, dende o Equipo de Biblioteca, decidiuse facer unha exposición de CARTEIS de ANIMACIÓN Á LECTURA relacionados coa Biblioteca e as Matemáticas. E vos preguntaredes, por que as matemáticas? Porque este ano a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, elexiu para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas o lema:
Biblioteca escolar ... matemático!!!
Con este lema," pretenden salientar o papel imprescindible da bilioteca escolar e, ao mesmo tempo, lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a sua presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean ".
Este é cartel que fixemos nós. Esperamos que vos guste.
Muy chulo.
ResponderEliminarUn besico
Gracias Blanca. ¡Buen finde!
ResponderEliminar