O que entrou pola porta non era nin Finn nin Jake senón unha mestura dos dous. Que pasou? Pois nada máis e nada menos que o malvado mago Bufo, fixo das súas e coa súa variña máxica converteu a Finn e a Jake nunha soa persoa. Que podiamos facer nós?
A solución foi moi sinxela. Se queriamos que Finn e Jake volvesen ao seu aspecto normal tiñamos ... QUE FACER MOITO RUÍDOOOOOOOOO! e vaia se o fixemos:
Unha vez que todo volveu á normalidade, Jake díxonos o mandato de mañá:
Así que mañá teremos a GRAN FESTA DO ENTROIDO e cada un terá que vir disfrazado de:
PROFESIÓNS. Non o esquezades.
E como ademais terémonos que despedir para sempre a Finn e a Jake, quixemos sacar unha foto de grupo:


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.