Comenzounos falando do tabaco e das consecuencias que podía ter para o noso organismo o seu consumo. Primeiro ensinounos esta imaxe onde podiamos ver algúns dos componentes dun cigarro e comentamos algún deles:
A continuación vimos un experimento no que uns alumnos de 1º de Bachiller do IES Nuestra Señora de la Consolación en Madrid, extraían todo o alquitrán contido nun cartón de tabaco. Quedamos abraiados cos resultados!!!!!! Aquí volo deixamos:
Despois tocoulle o turno ao consumo de alcohol Vimos algunhas imaxes nas que se podían ver algunhas das consecuencias de inxerir bebidas alcohólicas: xente en coma etílico, accidentes de tráfico, ....
E xa para rematar, Jesus falounos das drogas prohibidas como a marihuana e o hachís: das consecuencias para o organismo;das penas por delitos de tráfico, consumo e/ou elaboración, ...
Aprendimos moitísimas cousas sobre o tema. Ollade que atentos estabamos:
Foi unha charla moi interesante!!!!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.