Este ano participamos no proxecto-concurso: "Froita, un botín saboroso", unha iniciativa que ten como obxectivo ensinar aos nosos alumnos/as dun xeito lúdico e didáctico os beneficios da fruta e dunha dieta sa e equilibrada. Está pensado para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Para participar, temos que asumir un total de cinco desafíos cos que podemos coñecer distintos tipos de froita e os seus beneficios.
Así que en colaboración co profesor de Educación Física, Fran, montamos unha carreira de relevos en forma de circuito con dous equipos, o equipo vermello e o equipo azul. Cada membro do equipo tiña que percorrer o circuito, coller unha peza do puzzle e deixala na mesa correspondente. Nese momento podía saír o seguinte. Ao final, entre todos os membros do equipo, tiñan que facer o puzzle de cuarenta pezas e pegalo na portada do que vai ser o xornal de clase.
- Na carreira de relevos:
- Montando o puzzle o equipo vermello:
- E por suposto o equipo azul:
Este é un pequeno video do noso reto:
Por superar o reto, conseguimos un personaje-kiwi, "O KIWI MAESTRO" en tamaño grande para o noso cartel de clase:
E tamén o mesmo pero en tamaño pequeno para a nosa cartilla individual:





Una idea estupenda para trabajar los hábitos saludables. Seguro que lo seguirán haciendo tan bien como hasta ahora.
ResponderEliminarAgur
Seguro que sí, Itziar. Gracias por el comentario. Un biquiño.
ResponderEliminar