Nós, acompañados de catro rapaces e rapazas de quinto, lémoslles contos aos nenos da clase da profe Lidia, os de tres e catro anos:
Eles, agasalláronnos cunha fermosa flor que fixeron e nós non quixemos ser menos e agasallámolos con estes bonitos marcapáxinas de animais:
Para lembrar este momento, cada peque sacou unha foto co seu "padriño" lector e os agasallos:

Na nosa clase, como nos gustaron moito os marcapáxinas de animais, decidimos facer un igualiño para levarnos ás nosas casas. Ollade que bonitiños nos quedaron:
Tamén escribimos un poema nun cadrado, o pegamos no fondo dunha caixiña que fixemos con origami e despois os intercambiamos cos nosos compañeiros e compañeiras.
E hoxe a última hora fixemos o II Mercadillo de Libros da Maciñeira. Voluntariamente, cada rapaz e rapaza podiamos traer ao cole un ou dous libros polos que recibiamos un vale para cambiar por outro/s no mercadillo.
MOI FELICES LECTURAS!!!!!!!!










Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.