Pages

13 marzo 2018

ROBOTIZÁNDONOS


Este curso, as profesoras de quinto e sexto, presentamos unha solicitude para participar no Programa de Innovación Educativa de Introdución á Robótica en Primaria, sendo un dos colexios admitidos.

A finais do ano pasado, a Xunta enviou ao cole seis kits de construción cos que desenvolver distintos proxectos que permitan aos nosos alumnos e alumnas ademais de aquirir nocións básicas sobre robótica e programación, traballar as áreas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

Como para as profes, tamén era unha materia nova, primeiro tivemos que poñernos ao día polo que ata finais de febreiro non puidemos poñernos mans a obra.

A primeira toma de contacto cos robots, consistiu en ver como eran e que traían programado de serie: obedecer ao mando, seguir unha liña negra e sortear obstáculos.



O paso seguinte, consistiu en montar dous. Para iso fixemos dous equipos que se repartiron o traballo: buscar as pezas, poñer os parafusos, apretar as porcas coa chave,... Fixémolo moi ben.





2 comentarios:

  1. ¡Muy interesante, Ana! Venga, a robotizarse toca.¡A desarrollar la inteligencia! Un abrazo.

    ResponderEliminar
  2. Eso, jaja A ver hasta donde aprendemos ellos y yo. Besos.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.