Quedounos moi clariño, que en Internet temos que comportarnos igual que na nosa vida diaria, evitando as situacións de perigo e non abusando do seu uso.
Vimos dous videos, un de Pantallas Amigas:
co que aprendimos que non debemos entrar en páxinas non axeitadas á nosa idade, nin aceptar a persoas descoñecidas nas nosas redes sociais e moito menos deixar que a cámara nos grabe con pouca ou ningunha roupa. Nunca sabemos quen pode estar ao outro lado da pantalla e antes de subir unha foto debemos facernos unha serie de preguntas como: dame vergoña que a vexa a miña familia? os meus amigos? os meus mestres e mestras? Unha vez que subimos unha foto a Internet ainda que a suprimamos ao pouco tempo xa nunca desaparecerá da rede.
E tamén vimos este que falaba dos riscos de facer algúns dos retos que propón a popular rede Tic Toc cos que xa morreron alomenos cinco persoas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.