Pages

12 marzo 2025

OBRADOIRO SOBRE MICROMACHISMOS

Co gallo do día da muller, dentro do programa "Neda, pola igualdade real", tivemos no cole un obradoiro sobre micromachismos,é dicir, todos eses pequenos xestos e expresións sexistas que contribúen a perpetuar os roles de xénero

Durante preto dunha hora, a través de diferentes dinámicas, falamos de conceptos como machismo, feminismo, estereotipos e igualdade; cubrimos unha enquisa e posteriormente comentamos os resultados, analizamos as letras dalgunhas cancións de moda, moitas das cales son machistas e fixemos un rol playing.

Como agasallo de despedida, deixáronnos unha caixa violeta, para meter nela todo o que observemos relacionado cos micromachismos.

 









Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.