Hoxe é o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e no cole decidimos que a mellor forma de celebralo ademais do abecedario da paz que xa vos amosamos, era xogar a xogos do mesa cos nosos afillad@s.
Nós eleximos o xogo do Dobble para ensinarlles a xogar aos nosos afillad@s de terceiro de primaria. E despois foron eles os que nos ensinaron a xogar a distintos xogos que tiñan na clase ou trouxeran de casa.
Que ben o pasamos!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas por comentar. Os teus comentarios son sempre benvidos.