Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO OLIMPIADAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO OLIMPIADAS. Amosar todas as publicacións
15xul 2017
0 comments

AS MACIOLIMPIADAS


Para rematar o proxecto sobre as Olimpiadas, celebramos no cole unhas ... MACIOLIMPIADAS ás que invitamos a todas as familias.

Cada clase, fixo unha exhibición do deporte que estivo a traballar co seu titor/a na aula e a practicar cos seus profes de Educación Física:

E.I. 3 anos:

E.I. 4 e 5 anos:
1º de E.P.
2º de E.P.
3º de E.P.
4º de E.P.
5º de E.P.
6º de E.P.

E como en todas Olimpiadas que se precien, non podía faltar o ACTO DE CLAUSURA que levaron a cabo os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria recollendo a CHAMA OLÍMPICA e o alumnado de 2º de Educación Primaria apagando o PEBETERO.


Para rematar, os nenos e nenas desde 3º a 6º de Educación Primaria, fixeron unha coreografía que practicaron co profe Fernando e a profe Carmen dentro do programa SUMA SAÚDE, ACTÍVATE:



Podedes ver todas as fotos dese día na Galería de Fotos da páxina web do cole. Clicade na imaxe para acceder:


15xuñ 2017
0 comments

LAPBOOK OLÍMPICO


Outra das actividades que fixemos dentro do proxecto "MACIOLIMPIADAS" foi elaborar un lapbook no que recollimos información sobre todos os símbolos olímpicos: a bandeira, os cinco aros, o lema, o himno, o xuramento, a coroa de oliveira, a antorcha e tamén sobre as medallas. Ademais nel, non podía faltar a mascota das nosas Olimpiadas, o can Geruso.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do proceso e de como nos quedou:


Por diante e por detrás:


Por dentro:



03mar 2017
0 comments

FESTA DO ENTROIDO


O venres pasado celebramos o festival do Entroido. Pola pasarela do noso patio cuberto, desfilaron:

- As antorchas de Educación Infantil que encenderon o pebeteiro:






- Os lanzadores de peso de 1º de E.P.





- Os nadador@s de 2º de E.P.





- Os boxeador@s de 3º de E.P.





- Os xogadores de esgrima de 4º de E.P.





- As medallas, medallistas e xuíces de 5º de E.P.




- E os de halterofilia e outros deportes de 6º de E.P.





E por suposto non podía faltar a nosa mascota Geruso:



Despois do desfile, degustamos unhas riquísimas orellas e rosquillas que unha vez máis nos trouxo a ANPA:



E para finalizar queimamos o precioso MECO da "Patrulla canina":



No enlace de abaixo podedes ver todas as fotos que están subidas á páxina web do cole

01mar 2017
0 comments

O NOSO DISFRAZ

Na clase estivemos a facer o noso disfraz  para o Entroido. Como xa vos dixemos, este ano, o noso Entroido adicouse ao proxecto das Olimpíadas que estamos a levar a cabo, por iso todas as clases nos disfrazamos de algo relacionado co tema. Nós eleximos disfrazarnos de esgrimistas porque ese é o tema do que nos tocou investigar.


Para facer a espada, primeiro, enrolamos papel de xornal cuns escarvadentes  e unha vez que tomou forma, puxemos todo ao redor cinta adhesiva para que lle dese máis firmeza.

Como mango, utilizamos espuma para protección de tubos ao que se puxemos cinta aillante de cor gris e como cazoleta, usamos a parte de arriba das botellas de auga de dous litros e medio especial neveira, que pintamos con "spray" metalizado gris:




Ollade que chulis quedaron:


O traxe, fixémolo con dúas bolsas de plástico de cor branca. Á parte de arriba, puxémoslle o logotipo das Maciolimpiadas:


E para rematar, o protector da cabeza, fixémolo con goma eva branca e tela de tul de cor negra. Así de bonitos nos quedaron:


E así de guapos e guapas estabamos disfrazados:


Nos próximos días ensinarémosvos o ben que o pasamos todos no festival.

25feb 2017
0 comments

CALENDARIO


A estas alturas, faltábanos por ensinarvos, o bonito calendario que temos na clase, ilustrado con imaxes de deportes olímpicos. As clases do segundo e terceiro ciclo tiñan que aportar dous debuxos e as de infantil e primeiro ciclo, un debuxo cada unha.

Nalgunhas clases, elexiuse  por votación o debuxo de que rapaz ía ilustrar o calendario, pero nós, preferimos facer DOUS DEBUXOS COLECTIVOS para que todos puidésemos participar no mesmo.

Ollade que bonito é:



Como puidéchedes ver, a nosa aportación aos mesmo está no mes de Xaneiro, con este fermoso debuxo sobre Ximnasia Rítmica feito por Alba, Ainoa, Carmen e Enma:


E no mes de abril, cun non menos fermoso debuxo sobre  a ESGRIMA, que é o deporte do que nos tocou investigar, feito por Miguel, Adrián, Yago, Sheila, Aitana e Paz:


QUE VOS PARECEN? GÚSTANVOS?

06feb 2017
0 comments

A MASCOTA DAS MACI OLIMPIADAS

Hai dúas semanas, ao entrar na clase, atopamos unha nova carta do mago Macín a mascota da nosa biblioteca, enriba da mesa de Adrián.



Queredes saber o que dicía?


Na carta, Macín, pedíanos que debuxásemos  unha mascota e  que lle puxéramos nome. E que entre todas as debuxadas, votaríase para elexir a MASCOTA que representaría as nosas  MACI OLIMPIADAS.

Estas son as mascotas que fixemos nós:


O venres desa semana, cada clase, nombrou un encargado e foi á Biblioteca acompañada do seu titor, a votar para que ver mascota saía elexida. Na nosa clase o encargado foi Miguel porque xa lle tocaba ser ese día por orde de lista:


E a mascota gañadora que nos vai a representar nas MACIOLIMPIADAS,finalmente foi ... GERUSO de Enma da clase de 2º de Educación Primaria. NORABOA, ENMA!


Aquí podedes vela mellor:


GÚSTAVOS?