ABRAPALABRA: MAXIA E POESÍA

11 outubro 2014

Hoxe os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto acompañados dalgúns rapaces do colexio de San Isidro, fomos á Casa da Cultura de Neda,   a ver o espectáculo "ABRAPALABRA" do mago Carlos Coira.
Esta actividade, dirixida aos nenos e nenas entre 4 e 11 anos,  forma parte do programa de dinamización lectora en bibliotecas que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Ler conta moito" co que pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir, achegando á cidadanía á lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Durante preto dunha hora, o mago Carlos Coira, animounos a gozar da "maxia das palabras" a través de divertidos trucos nos que algún de nós ademais tivemos a gran sorte de participar.

Aquí vos deixamos algunha fotiño para que vexades o atentos que estabamos e o ben que o pasamos. Para ver as imaxes a maior tamaño pon o rato encima e clica no botón azul : Lanzar Gallery:

8 comentarios:

Blanca Lafarga dixo...

Me figuro que lo pasaríais muy bien.
Un besico

Anabel dixo...

O espectáculo ten moi boa pinta, debestes pasalo xenial!!!Biquiños.

Carmen dixo...

Estoy segura que os ha encantado. Besos wapa ;-)

Ana Martinez dixo...

Nos lo pasamos fenomenal, profes. Se nos hizo muy cortito. Un beso.

Sandra Luz dixo...

Que entretenida forma de aprender.
Buen comienzo de semana.
Besitos

Ana Martinez dixo...

Muchas gracias, Sandra. Un abrazo.

Silvia Castelo dixo...

Este mago é boísimo! Estivo no noso cole o ano pasado e aos peques encantoulles!! Normal que o pasárades tan ben. Un biquiño, Ana.

Ana Martinez dixo...

Tes razón, Silvia. É un mago boísimo. Unha aperta.