Onte celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana, entre todas as clases fixemos o ABECEDARIO DA PAZ, con palabras, debuxos e as nosas fotografías facendo ACROSPORT. Ollade:
A continuación no patio de arriba, soltamos unha parella de pombiñas brancas:
E xa para rematar, nós e os nosos compañeiros de quinto,organizamos coa axuda da profe Bea uns fantásticos xogos populares cos que o pasamos moi pero que moi ben.