Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO ARTE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PROXECTO ARTE. Amosar todas as publicacións
0 comments

O TALLER DE LEANDRO LAMAS


A derradeira actividade que fixemos no noso proxecto de arte que como xa sabedes centramos en Leandro Lamas, foi visitar o seu taller que está preto do noso colexio.

Así que sen dubidalo, saímos do cole e paseniño a paseniño chegamos ao seu taller:


Alí estábanos esperando Leandro quen moi amable amosounos o seu taller:


Para agradecerlle que nos deixase ir ata o seu taller , agasallámoslle coas acuarelas que fixemos:


MOITAS GRAZAS LEANDRO POR DEIXARNOS VER O TEU TALLER!!!!!!!

0 comments

ACUARELAS DE LEANDRO LAMAS


Dentro do proxecto de arte que estamos levando a cabo no centro e na nosa clase, unha das actividades que fixemos foi recrear unhas acuarelas de Leandro Lamas. Ollade que ben nos quedaron:



GÚSTANVOS?

1 comments

PUNTILLISMO CON LEANDRO LAMAS


Dentro do noso proxecto sobre Leandro Lamas, a seguinte actividade que fixemos foi practicar a técnica de puntillismo cun dos seus fermosos cadros. Aquí vos deixamos unha pequena mostra de como nos quedaron:






0 comments

MÁSCARAS AFRICANAS


Estas son as máscaras africanas que fixemos na clase de Plástica utilizando o titorial que atopamos no blogue The Crafty Classroom, papel máxico Arco Iris e uns paíños de madeira para rascar. Esperamos que vos gusten:






1 comments

CALENDARIO 2019


Como ven sendo habitual os últimos anos, entre todas as clases do cole fixemos un calendario relacionado co proxecto de centro que este ano xa vos dixemos en entradas anteriores vai sobre A ARTE.

Cada clase tiña que facer un ou dous debuxos sobre un pintor e como xa imaxinaredes, os de quinto e os de sexto de primaria, eleximos dous cadros de Leandro Lamas cada titoría. Este son os catro cadros que recreamos entre tod@s:



Ollade que preciosidade de calendario quedou cos debuxos de tod@s:


Tamén queremos compartir convosco este fermoso calendario que atopamos no Facebook de Leandro Lamas:

2 comments

FELIZ 2019!!!!!


Todos os nenos e nenas de sexto, queremos desexarvos un Feliz Ano 2019 e para iso que mellor que con estas fermosas tarxetas que fixemos,  inspiradas no Apalpador de Leandro Lamas que como sabedes é o pintor que estamos traballando no proxecto de Arte deste ano. Aquí vos deixamos algunhas:


E para que coñezades algo máis sobre o Apalpador, deixámosvos este video con ilustracións e texto de Leandro Lamas e música e animación de Roberto Grandal:

0 comments

PROXECTO DE ARTE: LEANDRO LAMAS


Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno ao ARTE.

Hai uns días, chegounos unha nota á nosa clase. Era do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca. Nela, pedíasenos que polo Día da Biblioteca Escolar, escollésemos unha obra de arte e que inventásemos unha poesía relacionada con ela.

Nós, imos traballar o Arte a través da obra de Leandro Lamas, gran pintor de Neda e mestre de debuxo do noso centro.


Así que buscamos varias obras del relacionadas coa lectura, biblioteca, escola,... e votamos. Despois dunha reñidísima votación, a obra gañadora foi:


E xa coa obra elexida, puxémonos a darlle ao miolo para crear poesías e ... este foi o resultado:


(Pasa o rato por enriba dos poemas para velos a maior tamaño)