Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
0 comments

LETRAS GALEGAS 2024

No cole celebramos o día das Letras Galegas de distintos xeitos:

- Comezamos facendo un precioso mural da escritora homenaxeada este ano, Luísa Villalta. Todos os nenos en parellas ou grupo, escribiron nun papel de cor a súa palabra favorita en galego e estas palabras pegámolas ao carón da imaxe de Luísa que debuxou a nosa compañeira de sexto, Lola. Aquí podedes vela posando coa súa creación:

 - Continuamos facendo unha Xinkana para aprender moitas cousas sobre esta escritora. Repartímonos en 16 grupos mesturados con nenos e nenas de todos os cursos e tivemos que facer distintas probas para conseguir un código segrego: robótica, pasapalabra, tinta invisible, carreiras de relevo, saltos á corda, seguir ritmos,... un montón de actividades coas que o pasamos moiii ben.


Unha vez rematadas todas as probas conseguíamos un código de tres dixitos para conseguir abrir o libro de Luísa Villalta. E unha vez aberto, sabiades que había? Pois nada máis e nada menos que estes fermosos chaveiros.



 
- Unha exposición de instrumentos e traxes rexionais galegos:




 - E para rematar, a vista de dron, bailamos a Muñeira de Chao, iso si cuns músicos excepcionais. Recoñeces a algún?

 Para ver o video en pantalla completa, premer enriba do título.

0 comments

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano o día das Letras Galegas adícase ao autor Florencio Delgado. Nas clases estivemos a aprender cousiñas sobre a súa biografía utilizando unha vez máis os recursos que pon á nosa disposición o Seminario Galán




Ademais, cada neno e nena do colexio escribimos nun pequeno papel a nosa palabra favorita en galego. Estas son as que escribimos nós:





E con todas elas fixemos o mural das nosas palabras favoritas en galego:

Pero iso non foi todo. Ademais decoramos unha prenda de vestir e nela escribimos o título dun poema, unha estrofa, ...  Nós decidimos escribir nas nosas prendas estrofas de distintos poemas de Florencio Delgado:

E a continuación metímolas dentro da "lavadora":






0 comments

OS NOSOS CÓMICS DE Mº VICTORIA MORENO

Imaxe montada a partir doutras atopadas na rede

Como xa vos informabamos nunha entrada anterior, este ano o día das Letras Galegas  estivo adicado á escritora Mª Victoria Moreno.

Na clase, estivemos a facer o caderno do Seminario Galán. e queremos amosarmos dúas das actividades que fixemos:

Por unha banda, os nosos cómics sobre a vida da escritora homenaxeada.



E pola outra, os retratos que lle fixemos. A que nos quedaron moi fermosos, non si?


0 comments

LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO


Hoxe 17 de maio, celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas. Cada ano homenaxéase a un escritor ou escritora polos libros que escribiron e pola defensa que fixeron do galego. Este ano, a persoa homenaxeada é Mª Victoria Moreno.

Queredes coñecer a súa biografía?

Pois ningúen mellor que a propia Mª Victoria para que nola conte. Utilizando o programa Crazy Talk 8, as nosas voces e unha imaxe que atopamos en internet, fixemos este video:


A que nos quedou moi ben?

Aquí vos deixamos tamén estes dous videos feitos por Algarabía Animación para a TVG e a Consellería de Cultura sobre a autora homenaxeada:



.

E tamén estes recursos:

- Brincaletras:


- Recursos do Seminario Galán:


  • - Actividades imprimibles sobre a súa biografía e obra:


  • Actividades para facer en liña:





Para atopar máis recursos sobre esta gran escritora no dubidedes en visitar a páxina de PRIMAVERA DAS LETRAS:



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

0 comments

LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


A semana que vén, celébrase en toda Galicia o Día das Letras Galegas. No cole, estamos a estudar a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Carlos Casares, facendo esta unidade didáctica do Seminario Galán:

http://seminariogalan.org/2017/Act_3_4.pdf

E tamén ilustrando e gravando coas nosas voces a súa biografía. Ollade que bonito video nos quedou:


GÚSTAVOS?

0 comments

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Estes días na clase, estivemos aprendendo moitas cousas da vida e obra de Manuel María, o autor homenaxeado este ano no día das letras galegas. Con todo o que aprendimos, fixemos este video da súa biografía, tomando imaxes da páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA.

Ollade como nos quedou:


Na páxina web, PRIMAVERA DAS LETRAS, podedes atopar moitos recursos sobre este gran autor galego:


Algarabía animación, fixo estes dous videos baseados en obras súas:


E con esta fermosa imaxe de Leandro Lamas, queremos desexarvos a todos, MOI FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!!


0 comments

ACTUACIÓN LETRAS GALEGAS E OUTROS TRABALLOS


Como xa vos comentamos nunha entrada anterior (que podedes ver AQUÍ), no festival das Letras Galegas, o grupo de quinto fixemos unha pequena obriña titulada "NA CONSULTA DO DOUTOR" de Fina Casalderrey.  Desde aquí queremos darlle as grazas á teacher Uxía por gravarnos coa cámara da profe para que así poidamos disfrutar da nosa actuación tantas veces como queiramos e tamén para que poidamos amosárvola. Así que con todos vós... "Na consulta do doutor":


Como poidéchedes ver, saiunos moi requetebén, non si?

Neses días tamén estivemos aprendendo a vida e obra do autor homenaxeado, Xosé Fernando Filgueira Valverde, gravando a súa biografía coa que montamos un video que xa vos amosamos, e tamén ilustrándoa. Ollade, ollade:

Se clicades enriba do símbolo de nota musical poderedes escoitar a súa vida e no recadro de enriba á dereita , como xa ben sabedes, podedes poñelo a pantalla completa.

2 comments

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Mural feito polos nenos e nenas de primeiro e a súa profe Mari

O pasado xoves pola tarde celebramos o festival das Letras Galegas con  Sergio e Laura  presentando o acto. Ao longo de hora e media de festival, escoitamos a biografía do autor homenaxeado este ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde ,  a lectura dalgúns dos seus poemas incluídos na obra "Seis canciones de mar in modo antico" e tamén de poemas doutros grandes escritores da nosa literatura como son Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro,...
Disfrutamos con distintas cancións e bailes: "Mazarico", "Parapampero" e "Meu o mundo é" e incluso unha muñeira dos máis pequerrechos do cole. Tamén descubrimos a Verdadeira Historia de Carapuchiña Vermella de mans dos nenos e nenas de catro e cinco anos e os máis maiores, fixéronnos rir con dúas divertidas obriñas teatrais: "A consulta do doutor" (a nosa obra, próximamente subiremos o video ) e "Consultas psicolóxicas" (dos nenos e nenas de sexto).
Pasámolo moi ben na compaña dos familiares e amigos que viñeron a disfrutar connosco do festival. Deixámosvos unhas fotiñas:

0 comments

O 17 DE MAIO, PRESUME E COMPARTE


Hoxe celebramos un gran día para Galicia como é o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas. Cada ano este día se lle adica a un escritor. Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde. A súa escolla suscitou gran controversia debido aos cargos públicos e a súa relación coas institucións da ditadura franquista, época na que a nosa lingua o galego sufriu un gran retroceso xa que estivo ausente de todos os usos oficiais e públicos, desaparecendo case calquera manifestación cultural na nosa lingua.


Para coñecer algo da vida deste autor, fixemos unha pequena biografía:


A produtora Algarabía realizou estas tres breves pezas audiovisuais para a Secretaría Xeral de Cultura a partir de textos de Filgueira Valverde:



Ao marxe da controversia (eu persoalmente preferiría que se lle adicase a outro autor como por exemplo Carballo Calero, escritor de aquí de Ferrol), o importante deste día é a defensa do noso idioma así que seguindo unha iniciativa da CGENDL, colaboramos na difusión dunha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual, espallando o video: "PRESUME DE GALEGO" polas redes sociais para que o 17 de maio non seña a meta senón a liña de saída.