Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER. Amosar todas as publicacións
0 comments

ROMPENDO MOLDES

 

Co gallo do 8M, o Concello de Neda promoveu un ciclo de charlas escolares para contribuir a acabar cos estereotipos de xénero no ámbito do traballo, coas aportacións de distintas profesionais nedenses.

Así que hoxe, nos visitaron, Consuelo Arús, a primeira enxeñeira naval de construción de buques de guerra de navantia; Paula Romero, técnica de laboratorio no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da UDC; Guadalupe Piñón, primeira muller taxista en Narón, e Tamara Cantero, soldado de Infantería de Mariña, para compartir connosco, vivencias e consellos insistindo en que non hai estudos nin profesións só de homes nin só de mulleres.



0 comments

ROMPENDO MOLDES

Dentro do marco de charlas "Rompendo moldes" que organiza o Concello de Neda, hoxe os nenos e nenas de quinto e de sexto recibimos visita. Eran catro mulleres da localidade: unha antiga mestra, Carmiña; unha xuíza, Vanesa; unha letrada xudicial, Teresa; e por último, unha investigadora, doutora en ciencia e tecnoloxía de polímeros e na actualidade vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana.

Durante preto dunha hora, faláronnos do seu traballo e contestaron a todas as preguntas que lles fixemos.

De todo o que nos contaron que era moi interesante, quedámonos sobre todo con isto:

"Non hai profesións só de homes ou só de mulleres. Tod@s podemos ser o que queiramos ser. O xénero non importa"



0 comments

DÍA DA MULLER

 Como xa sabedes, como coincidiu a Semana da Prensa coa celebración do Día da Muller, dende o Equipo de Biblioteca e o de Dinamización de Lingua Galega, se nos pediu a todos os cursos que entrevistáramos a algunha muller da nosa familia ou da nosa contorna.

Aquí vos deixamos as nosas entrevistas:

0 comments

RECIBIMOS CARTA DE MACÍN

 Hoxe voltamos a ter noticias de Macín. Dentro da caixa que abriu Juan, atopamos unha carta e unhas follas.

Na carta, Macín, contábanos que como este ano a Semana da Prensa coincidía co Día da Muller , quería animarnos a convertirnos en reporteiros por un día e facer un xornal no que entrevistáramos a unha muller da nosa familia ou da nosa contorna.

Que idea tan fantástica, non credes?

0 comments

BREAKOUT: A REVOLTA DAS PEDRADAS

 Hoxe é o  Día da Muller traballadora. A terceira hora, fomos a informática e alí fixemos este Breakout co que coñecimos a unhas valentes mulleres de Neda que protestaron polos prezos dos alimentos de primeira necesidade e pola súas duras condicións de traballo.

 Buscamos no ordenador toda a información que necesitabamos e tod@s conseguimos acadar o número que abría a caixa forte.

 Ollade que ben traballamos:

0 comments

CARTELEIRA MULLERES DE CINE

 


Polo día da muller traballadora, e dado que estamos co proxecto do cine, entre todas as clases creamos unha carteleira de mulleres de cine. Cada clase investigou sobre unha ou varias mulleres (dependendo da clase) relacionadas co cine: directoras, actrices, guionistas,...

A nós, tocounos a actriz Mariana Fernández Pérez e as actrices, directoras de cine e guionistas Sonia Méndez Alonso e Olaia Sendón Ogando. 

Primeiro agrupámonos en parellas e buscamos información en Internet:



A continuación pasamos toda a información á ficha:




E así de ben nos quedaron:



0 comments

Mulleres importantes da miña familia

 

No mes da muller, fixemos esta bonita ficha que vimos no blogue Una pizca de educación que consistía en falar dalgunha muller da nosa familia que considerabamos importante e porqué  pensabamos.que o era. Así que escribimos sobre as nosas nais, avoas, irmás,...

Aquí vos deixamos o fermoso resultado (as fichas están sen correxir tal e como as fixeron eles):

0 comments

MULLERES QUE INSPIRAN

Polo día da Muller Traballadora, utilizando esta ficha que atopamos no blog LA CLASE DE ELE.

 traballamos a vida de oito mulleres inspiradoras e importantes como : Marie Curie, Dolores Ibárruri, Hipatia de Alejandría, Simone de Beauvoir, Ada Lovelace, Olympe de Gouges, Clara Campoamor e Carmen Conde.



0 comments

VISÍTANOS ... CARMEN MARTÍNEZ CAAVEIRO


Se fai uns días nos visitaba no colexio a boxeadora Judith Barbosa, este venres recibimos a visita de Carmen Martínez Caaveiro unha gran atleta e ademais nai de Xandro, o noso compañeiro de Educación Infantil tres anos.

Carmen (11-1-1984) , ademais doutros títulos, foi campiona galega en salto de lonxitude e triple salto na categoría sub-18, subcampiona de España Junior, bronce no campionato de España Xuvenil  triple salto, campiona no campionato de España Xuvenil salto de lonxitude e récord galego xuvenil tanto en triple salto como en lonxitude.

Primeiro, no ximnasio,  falounos da súa andaina no mundo do atletismo e constestou ás nosas preguntas.


A continuación, fóra, fixemos con ela un pouco de quecemento:

Collage feito con BeFunky

E xa para rematar, ensinounos a facer salto de lonxitude. Primeiro amosounos o ben que o fai ela e despois probamos nós:
Collage feito con PhotoFancy

0 comments

VISITA DE JUDITH BARBOSA


Dentro das actividades que fixemos polo Día da Muller, o pasado mércores día 13, no cole recibimos a visita de Judith Barbosa unha boxeadora e tamén militar que foi  tres veces  Campiona de España Absoluta e en ocasións compoñente da Selección Española.

Judith, falounos da súa traxectoria neste deporte.Contounos que empezou no boxeo con tan só 13 anos pero que non puido competir ata os 16 porque non había ningunha chica coa que poder boxear. Tamén das horas que adica a entrenar, de como entrena, amosounos a súa arte saltando a corda e  o  equipamento que utiliza para boxear: casco, protetor de dentes, guantes, ... Cando lle preguntaron que se necesita para ser boxeadora só dixo dúas palabras: AUTOCONTROL  e DISCIPLINA.


Quedámonos cunha frase que dixo cando se despediu:" AS CHICAS NON SOMOS NIN MENOS NIN MÁIS QUE OS CHICOS, SIMPLEMENTE SOMOS IGUAIS"

0 comments

MULLERES GALEGAS NO DEPORTE



Desde o Equipo de Normalización Lingüística e a área de Educación Física, se nos propuxo para a semana do 8 de marzo,pescudar información sobre mulleres galegas que destacaron nalgún deporte e con ela escribir a súa biografía, facer un collage de fotos, un debuxo ... para colocar polas ventás do noso ximnasio.

Este é o traballo que fixemos na nosa clase:

2 comments

8 de marzo. REIVINDICANDO OS NOSOS DEREITOS


Os nenos e nenas de 5º e 6º, fomos á Casa da Cultura de Neda, xunto con outros alumn@s do CEIP de San Isidro e do IES Fernando Esquío, para facer unha simulación dun Pleno Extraordinario polo Día da Muller no que reivindicar os dereitos de todas as mulleres.

Acompañadas polo Secretario do Concello, sentáronse ao redor da mesa, a Alcaldesa Paz, a Secretaría Celtia e once Conselleiras: Enma, Alba, Aitana, Carmen, Ainoa, Inés, Sara, Andrea, Érika, Lucía e Laura.


Aquí vos deixamos o audio do Pleno no que pedimos pola igualdade de salarios, rotura do teito de cristal, contra a violencia de xénero, pola nosa liberdade, pola eliminación de etiquetas sexistas e estereotipos e moitas cousas máis. Oide atentamente:



Unha foto de grupo tomada da páxina Web do Concello coas alcadesas dos tres colexios e as súas concelleiras:


E outra con todas os nenos e nenas que foron aos Plenos:



ACTUALIZACIÓN:

No facebook descubrín este video sobre a Desigualdade de Salario que me pareceu moi interesante e que quero compartir convosco: